A empresa Primux, que acaba de instalar o seu departamento de desenvolvemento de novos produtos en Tecnópole, deu un paso máis na súa división de telefonía lanzando ao mercado dous novos terminais de 4.3" Alpha e 5" Omega.
n
n
nSegundo a empresa, grazas á súa funcionalidade Dual Sim, estes terminais resultan idóneos para todos aqueles que queiran compaxinar un alto ritmo laboral cun estilo de vida social, xa que permite realizar chamadas con calquera das dúas liñas telefónicas.
n
nEstes teléfonos veñen equipados con Android 4.1, procesador de dobre núcleo, dual Sim, bluetooth, wifi, cámara traseira de 5.0 Mpx e cámara frontal de 1.3 Mpx. Soporta micro sd de ata 32 Gb e dispón de GPS integrado. A batería aumenta o seu rendemento grazas ao novo procesador que montan ambos os dous modelos, xestionando este o consumo dun xeito eficiente.