n
n
O centro, proxecto iniciado en 2008, dispón dunha superficie de 453 metros cadrados, nos que se habilitaron catro espazos para mellorar a cadea de subministración, almacén intelixente, transporte intelixente e punto de venda intelixente. O almacén intelixente conta cun arco de lectura automática de mercadorías, estantes que xestionan o stock mediante sensores, unha instalación automatizada parametrizable que inclúe os sistemas máis avanzados en identificación, monitorización e tracking, e varios sistemas para mellorar a preparación manual de pedidos. O espazo destinado a transporte intelixente inclúe un software de simulación de tráfico para optimizar a mobilidade dos cidadáns e a distribución urbana de mercadorías.
Por último, o punto de venda intelixente dispón dun estante intelixente para o control automático do inventario, que permite coñecer a tempo real o stock de produtos dispoñibles no lineal de venda e repoñelos en función da demanda.
(Fonte: SpainTechnology)