Preto da metade das empresas dos polígonos da bisbarra de Ourense carece de páxina web

Catro de cada dez empresas dos polígonos industriais da bisbarra de Ourense carecen de páxina web e a gran maioría permanecen fóra das redes sociais. Estes son os principais resultados do estudo presentado por Goal Comunicación no ciclo "Os mércores de Tecnópole" sobre a reputación online das empresas dos polígonos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Barreiros.

n
n

nTal e como expuxo a fundadora da empresa autora do estudo, Alba Adá, o 40,75% das 242 empresas situadas nestes recintos industriais non ten páxina web e só o 14,62% conta con algún perfil oficial nas redes sociais, "ao que hai que engadir que unicamente un 3% delas fai un bo uso destas ferramentas".
n
nSegundo a experta, a deficiente presenza en internet e a práctica inexistencia de estratexias de comunicación e márketing dixital nas empresas da bisbarra "é un factor que lastra directamente a súa visibilidade e crecemento".
n
nAdá recordou que os buscadores, especialmente Google, son os recursos máis utilizados polos internautas para buscar información. O 45% dos casos elixe o primeiro resultado do buscador e o 68% non pasa da primeira páxina. "Vivimos nun mundo 2.0 no que todo xira arredor do dixital. Estar ben situado en Internet e ter unha boa imaxe online é fundamental e por iso é tan importante que as empresas coñezan as vantaxes de usar as redes sociais de forma profesional e coidar a imaxe corporativa en internet".
n
n"A reputación da empresa en internet debe ser unha prioridade", destacou a fundadora de Goal Comunicación, unha iniciativa emprendedora que se puxo en marcha hai un par de meses na sala de coworking de Tecnópole. "España foi o quinto país do mundo en uso de redes sociais no 2012, polo que a masa crítica nelas é suficientemente considerable como para que as empresas se esforcen en abrir novas vías de comunicación".
n
nA experta comentou que un dos principais erros que se atopou tras analizar as empresas ourensás é o descoñecemento das oportunidades que poden ter as redes sociais. "Isto percíbese como un gasto e non como un investimento, cando as empresas que teñen mellor imaxe online creceron un 158% nos últimos anos grazas ás redes sociais". Neste sentido, apuntou que hai que ter en conta que o 70% dos consumidores busca en internet os produtos nos que está interesado para ver as opinións doutros consumidores e está demostrado que isto condiciona a compra de xeito determinante.
n
nConsellos para crecer na rede
n
nAs empresas que asistiron á sesión da semana pasada dos "Mércores de Tecnópole" recibiron de forma gratuíta un informe coa análise da súa imaxe corporativa en internet e indicacións prácticas para incrementar a súa visibilidade e mellorar o seu posicionamento na rede.
n
nDeste xeito, Goal Comunicación quixo ofrecer aos asistentes unha visión non só práctica, senón totalmente personalizada, do que pode achegar a creación dunha boa imaxe en internet ás vendas dunha empresa.
n
nEsta empresa de recente creación inaugurou así a primeira sesión do ano do ciclo "Os mércores de Tecnópole", organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. En cada sesión unha empresa expón as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.
n
nNo caso de empresas tan recentes como Goal Comunicación, esta iniciativa pretende darlle soporte aos emprendedores no seu posicionamento no mercado e incrementar as súas relacións empresariais e comerciais, un aspecto fundamental para a pervivencia dos negocios novos.
n
n(Fonte: Tecnópole)
n

n