Presentan o primeiro ascensor que funciona só con enerxía solar e auga

Entre moitas das novidades e innovacións presentadas no London Festival of Architecture, unha das máis rechamantes foi a presentación por parte do arquitecto Matthew Lloyd do primeiro ascensor do mundo que funciona con enerxía solar e auga.

O prototipo situado nas escaleiras Duke of York Steps en Londres para o seu uso público, demostra o seu funcionamento e eficacia.

O ascensor utiliza o peso da auga para mobilizar a cabina. A auga bombéase mediante enerxía solar que realimenta constantemente mediante contrapesos o sistema e compensar así as subas e baixadas do elevador.

(Fonte: Green Diary)