n
n
A primeira empresa galega que monta e comercializa vehículos 100% eléctricos, Little, presentouse de forma oficial este luns en Mos (Pontevedra) e os seus responsables avanzaron que, coas previsións "máis pesimistas", esperan chegar aos 70 empregados en 2015 -agora traballan 5 persoas- e aos 15 millóns de euros de facturación.
n
n
n
n
n
n
O responsable da empresa, Rubén Blanco, explicou que esta empresa galega comezou a fabricación, baixo pedido, de dous modelos, o 'Little4' e o 'Ebox', aínda que prevén ampliar as súas liñas de negocio no futuro, e xa ten un prototipo de coche deportivo, o 'LittleGT' e outro modelo nun liña urbana. O prezo dos coches oscila entre os 14.000 e os 25.000 euros, sen contar as axudas que concede a administración para a adquisición destes coches e furgóns.
n
n
O director de Little tamén explicou que os coches funcionan con baterías de xel chumbo ou litio, e teñen unha autonomía de cen quilómetros. Ademais de que non emiten dióxido de carbono á atmosfera, contan coa vantaxe do baixo custo enerxético: menos dun euro cada cen quilómetros.
n
n
Mercado
n
n
Segundo sinalou, o plan de negocio de Little pasa por consolidarse en España, onde a venda de coches eléctricos é incipiente, e seguir ampliando a súa xa importante proxección internacional -dos 15 a 20 coches fabricados, a maioría foron vendidos no estranxeiro-.
n
n
Rubén Blanco tamén explicou que a empresa pretende converterse nun "referente da electromobilidade" e favorecer a creación dunha cadea de subministración de provedores en Galicia.
n
n
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, eloxiou a iniciativa dos impulsores de Little, e recordou que Galicia "ten unha situación envexable" no que respecta á automoción, aínda que o sector se atopa nunha "encrucillada".
n
n
Nese contexto, apuntou que o futuro está no coche eléctrico, e recordou as iniciativas da Xunta para favorecer este tipo de medios de transporte, con axudas a empresas e usuarios particulares, a creación da rede de electrolineiras ou a posta en marcha da primeira mesa da electromobilidade.
n
n
(Fonte: Europa Press)
n
n
n
n