Sony, que foi unha das primeiras en apostar polos reloxos intelixentes e se apropiou da marca SmartWatch, agora solicitou en Estados Unidos a patente dunha perruca intelixente. Tal e como soa.
n
n
nVeñen tempos estraños. As compañías tecnolóxicas parecen empeñadas en que cada dispositivo que nos rodea sexa intelixente e estea conectado a Internet, e se pode ser algo que se viste e monitoriza a nosa actividade, mellor.
n
nDespois da febre dos reloxos e as pulseiras intelixentes, que xa están a tomar o mercado con múltiples modelos, e as Google Glass que a compañía do buscador está a probar grazas a unha comunidade de desenvolvedor e que poderían ser lanzadas o ano que vén… aproxímanse inventos máis raros.
n
nSony, que foi unha das primeiras en apostar polos reloxos intelixentes e se apropiou da marca SmartWatch, agora solicitou en Estados Unidos a patente dunha perruca intelixente. Tal e como soa.
n
nSony SmartWig, de chegar a fabricarse, sería unha perruca con diferentes tecnoloxías ocultas baixo unha capa de "pelo de cabalo, pelo humano, la, plumas, pelo de yak ou calquera clase de material sintético".
n
nO dispositivo iría cargado de sensores de captación de datos, como micrófono, GPS, cámara e ata punteiros láser. Permitiría guiar un invidente grazas a iso, pero tamén está pensado para axudar a profesionais en presentacións, por exemplo.
n
nO enxeño está preparado para enviar sinais ao usuario mediante vibracións e conéctase a dispositivos móbiles ou ordenadores mediante sinais sen fíos.
n
n(Fonte: EFE)