Os premios Apps Fundación Telefónica están destinados a mozos de entre 18 e 25 anos, que presenten unha idea innovadora para desenvolver con tecnoloxía de código aberto unha aplicación móbil, para o novo sistema operativo Firefox OS, que foi desenvolvido por Telefónica en colaboración coa Fundación Mozilla.
n
n
nEste concurso pretende impulsar as oportunidades profesionais dos mozos no ámbito da cultura dixital, así como fomentar a innovación e as súas competencias dixitais.
n
nPara participar, os candidatos deben rexistrase antes do 20 de outubro na web de Fundación Telefónica e describir a súa proposta de app. Tamén deben acreditar posuír os coñecementos básicos necesarios para desenvolvela. Cada participante pode presentar unha soa idea de App nunha das tres categorías dos premios: educativa, social e artística-experimental.
n
nO xurado estudará todas as candidaturas e seleccionará os 50 mozos que van participar no concurso e que disporán de catro semanas para desenvolver a App. De aquí elixiranse 9 gañadores. Para elixir as 9 mellores App, o xurado valorará a súa creatividade, utilidade, social, innovación e deseño. Os premiados poderán optar a bolsas en Tuenti e en Telefónica I+D, acceder á fase II do programa Think Big Mozos de Fundación Telefónica ou recibir axudas económicas de ata 1000 euros. As bases, o calendario do concurso e a descrición dos premios poden consultarse na web do concurso.
n
nO lanzamento de Firefox OS, proxecto liderado por Telefónica I+D en España, marca un fito importante para a industria da telefonía móbil. Por primeira vez, os usuarios poden acceder a un smartphone baseado en estándares abertos. Este concurso é unha aposta máis de Fundación Telefónica por abrir novos camiños profesionais, formando a mozos e impulsando as ideas innovadoras que contribúan a transformar a sociedade.
n
n(Fonte: Innovaticias)