Powerspot, enerxía en calquera parte do mundo

PowerSpot é un xerador portátil de enerxía termoeléctrica fabricado en España e está deseñado para que calquera poida ter enerxía cun combustible gratuíto.

O principio de funcionamento de Powerspot é sinxelo. A electricidade xérase mediante a diferenza de temperatura entre a base (máis quente) e a parte superior (máis fría), producida mediante o efecto termoeléctrico.

O deseño é tan simple e robusto que cunha fonte de calor, para quentar a base e refrixerante (que pode ser simplemente auga) na parte superior é suficiente para xerar enerxía eléctrica. É dicir: pólo ao lume, deixas quentar e xa tes electricidade.

Enerxía en calquera parte do mundo

Esa é a esencia do dispositivo. En palabras de Javier Pascual, o seu creador, queriamos desenvolver un aparato que non necesitase electrónica avanzada: soamente un pouco de combustible e xa está. Ademais, xa está dispoñible na tenda online de Powerspot, e pronto chegará ás tendas españolas.

O produto ten un claro enfoque solidario. O dispositivo está deseñado para que calquera puidese ter enerxía cun combustible gratuíto, prosegue Pascual, sen pezas móbiles, nin avarías. En lugares apartados, cando che rompe unha peza é un problema, aínda que sexa un mísero fusible. Certamente, Javier Pascual asegurounos que xa están a cooperar con diversas ONGs, aínda que non puideron dar nomes.

Powerspot ten tres gamas. A gama Lanyard está orientada ao cámping, sendo capaz de entregar ata 20 W e é perfecta para cargar os vosos GPS, iPhones, tablets, etc., no medio da nada. Como di Javier Pascual, hai 7000 millóns de persoas, 8000 millóns de móbiles e as árbores non teñen punto de carga.

Non obstante, Powerspot non queda en só xerar corrente eléctrica. Ademais de entregar electricidade, a gama Explorer é capaz de destilar 24 litros de auga ao día, e a gama Thermix é capaz de quentar un cuarto de 4 x 4 metros ata 15 graos.

(Fonte: Europa Press)