Á análise da auga dedícanse os laboratorios Akunatura, unha empresa situada no Parque Tecnolóxico de Galicia que dá emprego a catorce traballadores. Patricia Alonso, a directora, detalla que “facemos análises de todo tipo de augas de consumo e residuais. Examinamos todos os parámetros físico-químicos e microbiolóxicos, todo o necesario conforme á lexislación”.
Porque sen auga non é posible a vida. “Sabémolo, ten un papel moi importante. Niso traballan concellos e industrias alimenticias, coa auga como proxecto básico, coa conformidade da calidade como bandeira”, engade.
Esas análises, levan moito tempo? Patricia Alonso responde que “se son análises moi completas, as que esixe Sanidade, vinte días. Son moitos os parámetros. Outra cousa é unha análise básica como como pode ser un particular que quere coñecer a calidade da auga dun pozo da súa propiedade, se é potable. Nese caso abondaría con tres días”.
Traballadores moi preparados
É de boa calidade a auga en Galicia? “Moi boa, a verdade é que podemos presumir dela, temos xente moi profesional”, contesta Alonso, que conta no equipo de Akunatura con “traballadores moi preparados, químicos, microbiólogos. É importante un bo tratamento químico das augas para que sexan consumidas, dedicámonos tamén ao asesoramento”.
Máis de trescentos cincuenta metros cadrados é o espazo de traballo que ofrece Akunatura no Parque Tecnolóxico de Galicia, nos que dispoñen de equipos de Absorción Atómica, Cromatógrafo de Gases Masas ou Termocicladores para a realización de PCR, entre outros. O laboratorio ofrece solucións completas e personalizadas tanto para o sector privado como para a administración pública; en particular análises clínicas, microbiológicas e físico-químicas.
Fonte: La Región