O grupo Calidade Pascual acaba de poñer en marcha o proxecto Pascual Startup. O seu principal obxectivo é a promoción da innovación alimentaria orientada ao gran consumo.
Coa colaboración de IBM e Telefónica Open Future, ademais do apoio do Ministerio de Agricultura, pretenden establecer un modelo de colaboración multidisciplinar centrado no consumo e a innovación e orientado sempre ao consumidor final.
Pascual Startup aposta por un futuro onde a alimentación de calidade teña un novo significado dentro do que a innovación teña un oco significativo. Para todos aqueles que queiran participar neste proxecto, o prazo para presentar as candidaturas remata a principios de xuño. De entre todos os que se presenten, elixiranse tres proxectos gañadores cuxas ideas se potenciarán para que os emprendedores as poidan desenvolver.
Máis información aquí.
(Fonte: Cinco Días)