En resposta á petición trasladada polas súas empresas, Tecnopole acaba de poñer en marcha un servizo integral de asesoramento profesional en materia tributaria e de dereito privado mediante unha tarifa mensual moi vantaxosa.
n
n
n
O servizo será prestado pola empresa Clems Abogados en virtude do acordo subscrito con Parque Tecnolóxico de Galicia e inclúe asesoramento no cálculo da declaración do imposto de sociedades e dos pagamentos fraccionados; resolución de consultas e dúbidas tributarias; análise das operacións habituais realizadas pola sociedade, revisión de balances e planificación fiscal. Tamén considera a resolución de consultas relativas á elaboración de libros mercantís e a súa tramitación; a elaboración de escritos de Xunta Xeral, actas e certificacións; o asesoramento previo na preparación e presentación de documentación en Consellos e Xuntas e en enventuais operacións societarias; a resolución de consultas sobre asuntos xurídico-mercantís, sobre todos os aspectos da contratación mercantil e respecto a accións relacionadas con non pagamentos ou incumprimentos contractuais. Ademais, permitirá ás empresas contar con apoio na redacción de escritos sinxelos de requirimento, contestación ou notificación a clientes ou provedores e asesoramento previo sobre aprazamento de pagamentos á Axencia Tributaria e á Seguridade Social e sobre propiedade industrial e intelectual.
n
n
(Fonte: Tecnópole)