O Ite é unha asociación privada sen ánimo de lucro de ámbito internacional, creada por iniciativa empresarial e impulsada pola Generalitat Valenciana e pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV). Nesta ocasión lidera o Proxecto EuropeoSmartV2G, que está formado por un equipo multidisciplinar de sete socios de catro países diferentes. O consorcio completo do proxecto reuniuse en Ljubljana (Eslovenia) para presentar os resultados científicos e tecnolóxicos do traballo realizado durante os últimos 3 anos.
Ademais de presentar os resultados de xeito teórico tamén se realizaron demostracións prácticas que mostran todos os niveis de aplicación do sistema SmartV2G, dende o usuario final de vehículo eléctrico, pasando polas infraestruturas de recarga intelixente ata as distribuidoras. Como informa o Ite, o sistema terá beneficios tanto para os usuarios, que poderán vender a enerxía que non consumen, como para as compañías distribuidoras, que poderán dispoñer de novos elementos de xeración eléctrica que aseguren enerxía abonda para subministrar en caso de problemas de sobrecarga na rede.
Novidades
Outra das novidades deste proxecto de investigación é a interacción cos usuarios finais. Estes poderán dispoñer a través dos seus teléfonos móbiles ou tablets dun servizo personalizado que lles permitirá ter información sobre o histórico de recargas que fixeron, coñecer o estado da batería en cada momento, localizar as estacións de recarga máis próximas e reservar unha hora determinada.
O consorcio SmartV2G está formado por un equipo multidisciplinar de centros de investigación e universidades como Fraunhofer ESK (Alemaña), Universidade de Roma La Sapienza (Italia) e o Instituto Tecnolóxico da Enerxía (España), e empresas como Elektro Ljubljana (Eslovenia),
Technomar Gmbh (Alemaña), ETREL (Eslovenia) e CIT (España). Ademais, tamén participaron na reunión de Ljubljana Enrique Dede, catedrático da Universidade de Valencia e Tankut Acarman, da Universidade de Galatasaray (Turquía), entre outros. O proxecto SmartV2G está financiado pola Unión Europea a través do 7º Programa Marco.
(Fonte: Tendencias 21)