Na categoría de aplicacións foi recoñecido o proxecto Lazzus, desenvolvido por Neosentec. Esta aplicación, orientada a persoas con discapacidade visual, permite ao usuario explorar os elementos que ten ao seu arredor a través dun dispositivo móbil, coñecer a súa posición e descubrir lugares próximos baseándose en distintas categorías.
Así mesmo, na categoría Machine 2 Machine foi premiado o proxecto Visualfy, unha aplicación, desenvolvida por Fusió d `Arts Technology, que permite ás persoas xordas descubrir alertas sonoras do seu arredor mediante pestanexos de cores. Con esta aplicación nun dispositivo, por exemplo, o usuario podería descubrir que alguén chamou ao timbre a través de dous pestanexos en cor verde ou saber que un bebé está a chorar con tres pestanexos en ton amarelo.
Finalmente, Vodafone recoñeceu o proxecto teleictus Movil, do neurólogo Marc Ribó, unha ferramenta que permite avaliar a distancia os primeiros síntomas dun ictus por parte dun médico especializado co obxectivo de mellorar o traslado e a rapidez do tratamento, o que reduciría considerablemente o número de dependencias derivadas.
No acto de entrega, celebrado en Santiago de Compostela, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, incidiu na necesidade de poñer os avances tecnolóxicos “ao servizo das persoas” e asegurou que cuestións como a inclusión social de discapacitados, a atención á dependencia ou o envellecemento activo son “os grandes retos da tecnoloxía do futuro”.
Pola súa banda, o presidente de Vodafone España e da Fundación Vodafone, Francisco Román, subliñou que actualmente a innovación é clave tanto para a administración pública como para a empresa privada.
Respecto dos premiados, os que recibiron 20.000 euros por categoría, remarcou que estes proxectos destacan polo seu valor innovador, pero sobre todo pola “súa vocación de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas e iso é algo que celebro e me sinto moi honrado de poder premiar”.
(Fonte: Innovamás)