O ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente animou ás empresas adheridas ao Rexistro EMAS a que presenten as súas candidaturas aos Premios EMAS 2014 da Comisión Europea, que se celebran este ano baixo o lema 'a eco-innovación como un instrumento eficaz de apoio ás melloras no desempeño ambiental'.
n
n
nA eco-innovación desenvolve novos produtos, técnicas, servizos, procesos ou modelos de negocio que poden xerar beneficios para o medio ambiente, por exemplo, reducindo a presión sobre os recursos naturais ou a emisión de contaminantes, ao mesmo tempo que mellora a competitividade económica.
n
nO Rexistro EMAS é unha ferramenta voluntaria deseñada pola Comisión Europea para a inscrición e recoñecemento público de aquelas empresas e organizacións que teñen implantado un sistema de xestión ambiental que lles permite avaliar, xestionar e mellorar os seus impactos ambientais, asegurando un comportamento excelente neste ámbito.
n
nDende o ano 2005, a Comisión Europea, a través da súa Dirección Xeral de Medio Ambiente, promove os máis prestixiosos e recoñecidos premios a nivel europeo en materia de xestión ambiental, os 'EMAS Awards' en seis categorías (micro, pequena, media e grande organización privada e pequena e grande organización pública).
n
nEstes premios deséñanse cada ano cunha temática específica para poder seleccionar e recoñecer ás mellores empresas e organizacións nalgún dos ámbitos da xestión ambiental que regula o Regulamento EMAS.
n
nO ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente é o encargado de seleccionar os candidatos a nivel nacional (previamente, a primeira selección realízana as Comunidades Autónomas) e enviar eses nomeados á Comisión (o Xurado fórmao membros do sector publico, privado, ONG e Universidades) para que o Xurado finalmente seleccione os gañadores nesas seis categorías.
n
nAs empresas interesadas poden atopar máis información na páxina web ou contactando directamente coas autoridades responsables das comunidades autónomas.
n
n(Fonte: Ministerio de Medio Ambiente)