Os parques científicos e tecnolóxicos ibéricos poñen en marcha unha estratexia común de cooperación para a xestión de fondos europeos

Ao redor de 70 representantes de parques científicos e tecnolóxicos españois e portugueses, entre os que se atopaba Tecnópole, reuníronse a semana pasada no Parque Científico e Tecnolóxico de Huelva para celebrar a sétima edición do Encontro Ibérico de parques científicos e tecnolóxicos, baixo o lema "Posta en marcha da estratexia de cooperación empresarial hispano-lusa para a xestión dos próximos fondos comunitarios".

n
n

nO tema central desta edición foi a análise dos próximos programas de axudas europeas con especial énfase en Horizonte 2020 e as Estratexias Rexionais de Especialización Intelixente (RIS3), que permiten avanzar nas oportunidades de financiamento a través de fondos comunitarios e fomentar a colaboración dos parques científicos e tecnolóxicos españois e lusos en proxectos europeos.
n
nDurante o encontro leváronse a cabo diferentes actividades entre relatorios, mesas redondas, análise de casos prácticos e networking libre.
n
nA directora xeral de Innovación e Competitividade do Ministerio de Economía e Competitividade, María Luisa Castaño, felicitou aos parques españois e portugueses pola iniciativa de levar a cabo esta alianza entre as dúas asociacións de parques española e portuguesa, por apostar polo fomento da internacionalización das súas empresas e por asociar o concepto de parque co deseño das estratexias rexionais de especialización intelixente (RIS3).
n
nAsí mesmo, María Luisa Castaño destacou a importancia e a necesidade do traballo conxunto entre a Comisión Europea, os estados membros e os gobernos rexionais e sinalou que para articular o traballo conxunto destes tres axentes é necesario contar con infraestruturas que engraxen a maquinaria que obriga a traballar en materia de I+D.  Segundo ela, entre esas infraestruturas os parques contan un papel moi importante xa que son ferramentas que traballan ben con estes tres tipos de axentes.
n
nTras a apertura, Jaime del Castillo, presidente de Información e Desenvolvemento S.L. (INFYDE) destacou a relación entre o PIB per cápita e o investimento de I+D, de tal forma que os países que máis invisten en I+D máis riqueza obteñen. Este feito adquire actualmente unha especial importancia e por este motivo o acceso aos fondos estruturais é unha necesidade e os parques teñen que traballar coas rexións para desenvolver as RIS3 como condición ex ante para acceder a estes fondos.
n
nPola súa banda, Luís Sanz, director xeral da Asociación Internacional de Parques Tecnolóxicos e Áreas de Innovación (IASP), destacou o papel desta entidade como representante dos parques europeos de cara aos próximos programas de axudas comunitarios.
n
nSanz sinalou que os parques cada vez máis son un fenómeno urbano e non necesariamente por motivos de achegamento físico senón pola súa involucración nas actividades municipais. Así mesmo, explicou que actualmente todo esforzo en ser máis internacional é pouco e que os equipos de xestión dos parques teñen que prover ás súas entidades de portas cara ao mercado internacional e por tanto actividades como o Encontro Ibérico entre parques españois e portugueses se fan cada vez máis necesarias.
n
nHorizonte 2020
n
nPola súa banda, Javier García Montañés, xefe do Departamento de Liderado Industrial da División de Programas da UE do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), debullou as diferentes fórmulas de participación nos proxectos de excelencia en Horizonte 2020, entre as que destaca como novidade a posibilidade de que as pemes poidan participar de forma individual.

nUnha vez finalizados os relatorios, levouse a cabo unha mesa sobre oportunidades de financiamento, no que Javier García explicou as características de Innvierte (programa do CDTI para investimento privado en pemes). A continuación expuxéronse os instrumentos de financiamento da Axencia de Innovación e Desenvolvemento de Andalucía (IDEA), o instrumento de capital risco Portugal Ventura e as oportunidades que o Fondo Perseo de Iberdrola ofrece para as pemes enmarcadas no sector enerxético.
n
nDurante o xantar tivo lugar un networking entre as entidades participantes e tras o xantar presentáronse seis exemplos concretos de cooperación entre entidades españolas e portuguesas.
n
nOs encontros ibéricos veñen celebrándose dende o ano 2002 e son unha das actividades que as asociacións española e portuguesa de parques levan a cabo dentro do convenio asinado entre ambas as dúas institucións para fomentar a innovación e a internacionalización dos parques científicos e tecnolóxicos da península Ibérica.
n
nAsemblea Xeral de APTE
n
nAproveitando o marco do Encontro Ibérico de Parques, desenvolvéronse ademais dúas actividades da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE). Pola mañá organizouse un workshop da Asociación con representantes dos parques para reflexionar sobre a planificación estratéxica de APTE de cara ao futuro.
n
nXa pola tarde, celebrouse a Asemblea Xeral da Asociación, onde se debateron os temas de actualidade dos parques membros de APTE. Entre os feitos máis destacados da xornada cabe destacar a elección do Parque Tecnolóxico de Fuerteventura como a sede da XII Conferencia Internacional de APTE en 2014.
n
n(Fonte: APTE)
n

n