A pesar da crise, os parques españois creceron unha media do 33% no período 2008-2013, dato que pon de manifesto o esforzo que estes espazos de innovación levan a cabo para promover o crecemento económico e social nos seus ámbitos.
Dende 2008, ano no que comeza a crise económica, os parques aumentaron nun 36,8% o número de entidades instaladas nos seus recintos. En emprego o crecemento experimentado foi do 15,8%, pero hai que destacar sobre todo o crecemento en emprego en I+D, que aumentou no devandito período nun 64,4%. O indicador referido á facturación tamén aumentou en 15,3% de media dende 2008.
Datos 2013
O balance dos datos da evolución dos parques no último exercicio, correspondente ao 2013, tamén bota uns datos positivos, destacando principalmente a creación de emprego en I+D.
O número de entidades instaladas nos parques creceu un 1,3% contabilizándose un total de 6286 empresas e entidades situadas nos parques socios de APTE. 320 son empresas de capital estranxeiro e 806 son entidades de menos de 3 anos de antigüidade. Ademais, 874 empresas son de nova creación ou instaláronse nos parques durante o pasado exercicio. O emprego tamén creceu un 0,73%. Os parques empregaron en 2013 a un total de 147.740 persoas.
O indicador que máis creceu ao longo do ano 2013 é o emprego en I+D, rexistrándose un total de 30.978 persoas dedicadas a tarefas de Investigación e Desenvolvemento (I+D) nos parques científicos e tecnolóxicos. Esta cifra supón un aumento do 6% con respecto ao ano anterior. Así mesmo, engadir que o emprego I+D nos parques supón o 20,9%, do emprego total nos parques, dato que se incrementou en case o 1% con respecto ao ano anterior, o que reflicte unha clara aposta das entidades dos parques polo emprego cualificado e de calidade.
Se se compara a evolución no emprego I+D nos cos datos que recolle o Instituto Nacional de Estatística (INE) obsérvase que a tendencia xeral nos últimos anos indica un descenso do emprego I+D, do 3,1% no exercicio 2010-2011 e do 2,9% no exercicio 2011-2012. Os parques pola súa parte inverten a tendencia con porcentaxes positivas no emprego I+D.
Así mesmo, cabe destacar que os parques membros de APTE achegaron en 2012 o 14% do emprego I+D que contabiliza o INE.
O indicador referido á facturación segue axustándose, tal e como se aprecia no leve descenso dos ingresos experimentados polos parques, que no pasado ano facturaron un total de 21.125 millóns de euros, o que supón un decrecemento do 2,1%.
En relación aos sectores onde os parques aglutinan o maior número de entidades, segue liderando o ranking un ano máis o sector TIC, co 23,3%, seguido do sector Enxeñería, Consultoría e Asesoría co 16%.
Ademais, durante o ano 2013 os parques investiron 1431 millóns de euros en actividades de I+D e no apartado de patentes, as entidades instaladas en parques solicitaron 162 e concedéronlles 305.
Novo Comité Executivo
Ademais de presentar as estatísticas anuais da Asociación, durante a Asemblea Xeral, renovouse o Comité Executivo, que se ampliou a 15 membros. O novo equipo de xestión ten cinco retos básicos: fortalecer o labor de representación dos parques a nivel nacional e internacional; configurar un modelo de asociación que teña en conta os diferentes modelos de parques; promover servizos de valor á rede de parques; posicionar a APTE nos novos marcos de política de I+D+i; e xerar información de utilidade.
(Fonte: APTE)