Representantes de 28 parques científicos e tecnolóxicos, entre os que se atopaba Tecnópole, asistiron á segunda edición do Foro Transfiere, o evento sobre transferencia tecnolóxica celebrado en Málaga a pasada semana.
n
n
nEsta nova edición do Foro Transfiere introduciu novidades no desenvolvemento do evento, que nesta ocasión tivo un aumento da participación internacional e xirou en torno aos 9 sectores económicos máis innovadores do momento: enerxía, industria, medio, saúde, agroalimentación, telecomunicacións, infraestruturas e transporte, turismo, servizos e financiamento.
n
nA Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), entidade colaborada de Transfire, organizou un encontro de financiamento con Iberdrola de cara a xerar acordos comerciais ou de colaboración no sector das enerxías renovables ao que asistiron 10 entidades de parques.
n
nSegundo os organizadores acudiron ao evento un total de 200 empresas e institucións e máis de 250 grupos de investigación dunha cincuentena de universidades españolas, ao que hai que engadir os representantes dos parques científicos e tecnolóxicos membros de APTE.
n
nO evento xerou 2600 encontros bilaterais entre máis de 1500 participantes, un 15% máis que na edición anterior. De toda a demanda e oferta empresarial, que suma un total de 200 entidades, os parques achegaron 94, ou o que é o mesmo, o 47% das empresas e institucións proviñeron de parques membros de APTE.
n
nAsí mesmo, a Asociación contou cun stand durante a celebración do Foro para dar a coñecer a actividade que desenvolven os parques e como punto de encontro e networking.
n
n(Fonte: APTE)