O Consello de Ministros de Competitividade da UE alcanzou un acordo político sobre as normas para que os proxectos de investigación accedan aos fondos europeos entre 2014 e 2020, e recolle a proposta de España de financiar o 100% aos centros de investigación de prestixio.
n
n
nTras un longo día de negociación, os ministros, reunidos en Luxemburgo, consensuaron que as institucións públicas sen ánimo de lucro que garantan unha boa xestión do seu financiamento, poidan optar a un reembolso de ata o 100% dos gastos indirectos vinculados a proxectos, como pode ser o uso das súas instalacións.
n
nEsa tese era defendida por España, Alemaña, Reino Unido, Finlandia, Holanda, Austria, Bélxica ou República Checa.
n
nA proposta da Comisión Europea baseábase en simplificar a solicitude e adxudicación de fondos europeos baixo a iniciativa "Horizonte 2020", a estratexia comunitaria para impulsar a investigación e a innovación no período 2014-2020, á que quere dotar de 80.000 millóns de euros (a cifra final aínda debe ser consensuada polo Parlamento Europeo e o Consello).
n
nO obxectivo era evitar o exceso de burocracia, os erros de cálculo, as auditorías e mesmo caóticos procesos de devolución de axudas europeas. Para iso, a Comisión propuxera en liñas xerais reembolsar o 100% dos custos directos dos proxectos e un 20% dos custos indirectos (uso das instalacións das universidades ou centros de investigación).
n
nTras a presión exercida por países como España ou Alemaña, os socios comunitarios acordaron aumentar o reembolso dos custos indirectos dos proxectos seleccionados ata o 25%, e incluír como custos directos ou "elixibles" aqueles indirectos que efectuen centros de investigación que reciban unha certificación da Comisión Europea pola súa excelencia.
n
nEspaña pretendía que as institucións que poñen ao servizo de proxectos comunitarios as súas custosas e modernas infraestruturas, non saísen desfavorecidas na repartición do financiamento.
n
nA secretaria de Estado española de Investigación, Carmen Vela, defendeu nunha das súas intervencións que "a simplificación é perfectamente compatible con asegurar que o novo enfoque non prexudique gravemente a excelentes participantes".
n
nEn concreto, referiuse a aquelas institucións públicas sen ánimo de lucro que "fixeron un esforzo moi importante por implantar sistemas de contabilidade analítica para a xestión dos seus proxectos". "É esencial manter esa boa práctica de xestión, que permite coñecer os custos indirectos realmente incorridos, e cremos que deben seguir sendo considerados como elixibles para o seu reembolso", engadiu. O outro punto que quedaba por resolver era a remuneración dos investigadores.
n
nO grupo dos últimos doce países adheridos á UE -que contribúen plenamente ao programa marco de investigación pero que reciben a cambio unha baixa rendibilidade- e Croacia reclamaban equiparar os salarios dos seus investigadores á remuneración dos doutros Estados membros (en ocasións, ata dez veces inferiores). Outros Estados membros, como Suecia, mostráronse contrarios a ofrecer primas aos investigadores.
n
nFinalmente, o acordo alcanzado propón establecer unhas primas máximas de 8000 euros anuais por persoa, de forma que se limite a esa cantidade as axudas que reciban os investigadores beneficiarios de fondos europeos e se dean máis garantías sobre o control financeiro.
n
n(Fonte: EFE)