Os ordenadores terán os sentidos humanos en cinco anos

Os ordenadores de hoxe en día permiten realizar moitas cousas, dende examinar o clima nun país remoto en cuestión de segundos ata comprar o café da mañá. Pero IBM atrévese a predicir que pronto estas máquinas serán capaces de ulir, probar, ver, tocar e oír.

n
n

nEste cambio será posible nuns cinco anos segundo informa Mashable. IBM publicou a súa lista 5 in 5 (Cinco en cinco, onde o fabricante de hardware, predí as cinco tendencias en computación que chegarán en cinco anos). Nesta ocasión cinco científicos atrévense a sinalar que un ordenador non só mostrará imaxes senón que as entenderán e ata sexan capaces de ulir unha boa cunca de café.
n
nOs cinco sentidos forman parte do que chaman 'Computación cognitiva' que implica que estas máquinas posúan comportamentos máis humanos. Nunha entrevista co portal especializado en tecnoloxía, Mashable, o vicepresidente de innovación de IBM sinalou que se trata dunha nova concepción da computación.
n
n"Tes que cambiar a forma en que pensas acerca da absorción de data. Xa non podes só tomar unha foto e almacenala. Tes agora que tratar ese fotografía como unha entidade dun nivel moi alto, algo moi oposto a velo como un montón de datos ou bits", sinalou Bernie Meyerson.
n
nO directivo apunta que esta cognición non é igual a intelixencia. Non se trata dunha máquina como as de Matrix que sometían ás persoas. Meyerson sinalou que aínda existe un abismo enorme entre computación cognitiva e a intelixencia artificial. "Isto é realmente unha tecnoloxía de asistencia. A máquina non vai pola súa conta. Non está deseñado para facer iso. Para o que está deseñado en realidade é para responder ao ser humano de forma asistencial".
n
nPor exemplo, para Hendrik F. Hamann, director de investigación de IBM no campo da física, sinala que nuns anos os ordenadores, grazas á súa detección de ulir poderá advertir dun arrefriado antes que o usuario teña síntomas.
n
n"Con cada exhalación, ti liberas millóns de diferentes moléculas. Algunhas desas son biomarcadores, que poden levar gran cantidade de datos sobre o estado físico da persoa en cada momento. Ao capturar a información que contén, a tecnoloxía pode recoller pistas sobre a saúde e proporcionar información diagnóstica moi valiosa", publicou Hamann no seu blog.
n
n(Fonte: ABC)
n

n