A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense fixo balance da súa actividade. Trátase dunha entidade que agrupa a 140 asociados a través de firmas de diferentes sectores. «Ourense é unha terra de oportunidades», explicou a súa presidenta, Nuria Iglesias. As empresas integrantes da asociación dan emprego a medio milleiro de persoas e lograron unha facturación durante o último ano de 36 millóns de euros.
A presidenta de AJE destacou que 2022 foi o da consolidación ao lograr manter o número de asociados e destacou que os produtos e servizos das súas empresas chegan até 16 países. «A pesar do que ocorre na provincia, segue habendo mozos que apostan polo seu territorio e por emprender e facturar aquí”, sinalou.
Na presentación tamén se deu conta do novo proxecto da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense, en colaboración con Igape e a Tecnópole. Trátase do Polígono Virtual de Galicia, que ten como obxectivo apoiar aos empresarios, autónomos e pemes no seu proceso de dixitalización a través de varias ferramentas.
Fonte: La Voz de Galicia