Os investigadores do futuro presentan na ‘Galiciencia’ unha neveira solar, papel de algas e outro medio cento de enxeños e proxectos científicos

n

n

Unha neveira que funciona con placas solares deseñada por alumnos de Carballo (A Coruña), papel fabricado a partir de algas mariñas por estudantes de Vigo (Pontevedra), rampas con fluído newtoniano deseñadas para aumentar a vida últil dos amortecedores dos coches ou controladores 3D para videoconsolas máis económicos cós que traen a Playstation e a Xbox, estes dous últimos por alumnos composteláns. Estes son só algúns dos enxeños que os estudantes de Secundaria e FP participantes na ‘Galiciencia’ comezaron a mostrar hoxe ao público desde os seus stands na Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense).

n

n

n

 

n

n

n

Cerca de 2.000 escolares visitan entre hoxe e o vindeiro venres a maior feira científica de Galicia, aos que se suman os asistentes que se achegan pola súa conta, principalmente familias en horario de tarde, dado que o evento é de entrada libre. 

n

 

n

O evento é este ano actividade de referencia da Semana da Ciencia 2011 en España por medio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), que actúa como patrocinadora xunto coa Consellería de Economía e Industria. 

n

 

n

En total, están sendo expostos 16 proxectos procedentes de colexios da provincia de Ourense, 15 de Pontevedra, 10 da Coruña, 3 de Lugo, 5 de Catalunya e 2 de Euskadi. Entre eles figuran varios realizados polos equipos participantes nas Aulas Tecnópole, un proxecto piloto de adestramento en habilidades innovadoras promovido polo Parque Tecnolóxico de Galicia. 

n

 

n

A carón dos enxeños, que inclúen tamén un panel illante para a construción elaborado con lá de ovella e cortiza de árbore ou un videoxogo para concienciar sobre o cambio climático, preséntanse multitude de estudos e proxectos científicos sobre áreas de coñecemento moi variadas.

n

 

n

¿É san beber directamente dunha lata de refresco?, ¿engorda máis a comida crúa ou cociñada?, ¿cal é o potencial de manipulación dos medios de comunicación?, ¿inflúe a música na nosa velocidade de mastigación? Estas son algunhas das preguntas ás que respostan os traballos expostos na ‘Galiciencia’, concluíndo por exemplo que os mesmos alimentos engordan máis cociñados que crus. Os alumnos do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia, Ourense) alimentaron a dúas parellas de ratos coa mesma comida, a unha delas déronlla crúa e a outra cociñada e observaron a súa evolución durante varias semanas: os que comeron os alimentos cociñados engordaron bastante máis cós outros. O grupo do Instituto El Cairat (Esparreguera, Barcelona) púxolles músicas diferentes a varios grupos de persoas e puido concluír que a maior ritmo, máis velocidade na mastigación.

n

 

n

As alternativas aos combustibles fósiles son tamén un dos retos propostos polos participantes. Así, por exemplo, os alumnos do Colexio Montecastelo de Vigo investigaron a obtención de bioetanol a partir de plátanos, mazás e amorodos, mentres que un grupo do Colexio Guillelme Brown de Pereiro de Aguiar (Ourense) estudou fórmulas para aproveitar a enerxía mecánica producida nun ximnasio converténdoa en electricidade.

n

 

n

Varios equipos de investigadores coincidiron tamén en analizar factores que poden influír no crecemento de plantas e sementes. Os de Xinzo de Limia estudaron como condicionan estes procesos as fases lunares e a gravidade, mentres que os do Colexio Alborada de Vigo analizaron a influencia das radiacións de cores sobre as plantas e os das Aulas Tecnópole a das ondas electromagnéticas.

n

 

n

Experimento mundial

n

 

n

‘Galiciencia’ chega á súa sexta edición cunha ampla oferta de actividades paralelas á exposición de proxectos que inclúe a participación no Experimento Mundial do Ano Internacional da Química. Trátase dun exercicio sobre o pH do noso planeta que terá lugar mañá xoves ás 18 horas no que alumnos voluntarios obterán unha mostra de auga natural de procedencia local e medirán o seu pH utilizando solucións indicadoras de cor. O promedio dos resultados obtidos será enviado á base mundial de datos experimentais, xunto coa información sobre a mostra e os datos obtidos. Para realizar o experimento desprazarase ata a Tecnópole Javier García Martínez, profesor titular e director do Laboratorio de Nanotecnoloxía Molecular da Universidade de Alicante, vicepresidente do Consello de Tecnoloxías Emerxentes do Foro Económico Mundial de Davos e asesor da Unión Europea.

n

 

n

Ademais, co gallo da conmemoración do Ano Internacional da Química e do Ano Internacional dos Bosques, a ‘Galiciencia’ celebra talleres durante os tres días en horario de mañá e tarde sobre estas temáticas, xunto con outro sobre termalismo e un planetario móbil. Tamén se están a celebrar sesións de cinema e ciencia e un taller de xornalismo científico que terá como resultado a revista oficial da ‘Galiciencia’.

n

 

n

n

n

 

n