Un sistema anti-kamikaze para autoestradas baseado en sinais luminosos creado por estudantes de Lugo; un respaldo intelixente para cadeiras que avisa das malas posturas deseñado por unha alumna de Ourense; un método para obter pegadas que facilitará o traballo dos CSI descuberto por rapazas de Ferrol; e un sistema de rego en desertos mediante cueiros usados ideado por estudantes de Vigo. Estes son só algúns dos 50 enxeños e proxectos de investigación procedentes das catro provincias galegas que os estudantes de Secundaria e FP participantes na ‘Galiciencia’ comezaron a mostrar hoxe ao público desde os seus stands na Tecnópole – Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense).
n
n
nArredor de 2.000 escolares visitan entre hoxe e o vindeiro venres a maior feira científica de Galicia, aos que se suman os asistentes que se achegan pola súa conta, principalmente familias en horario de tarde, dado que o evento é de entrada libre.
n
nA maior feira científica de Galicia é unha das actividades de referencia da Semana da Ciencia en España segundo a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.
n
nEn total están sendo expostos 16 proxectos de colexios de Ourense, 12 de Vigo, 4 de Pontevedra, 2 de Lugo, 2 de Ribadeo, 2 de Ferrol, 2 de Narón, 2 de Cambre, 1 de Santiago e 5 de Barcelona. Entre eles figuran varios realizados polos equipos participantes nas Aulas Tecnópole, un proxecto piloto de adestramento en habilidades innovadoras promovido polo Parque Tecnolóxico de Galicia.
n
nXunto cos enxeños, que inclúen tamén unha luz de salvamento de baixo custo fabricada a partir do flash dunha cámara de fotos dun só uso, un perfume ecolóxico ou unha pantalla táctil elaborada con materiais caseiros, preséntanse multitude de estudos e proxectos científicos sobre áreas de coñecemento moi variadas.
n
nA alimentación volve ser un dos temas estrela este ano. Por exemplo, dúas alumnas de Ourense experimentaron con novas receitas de hamburguesas máis saudables combinando a carne con todo tipo de vexetais e froitas (dende cenoria ata acelgas e plátano) e logo déronas a probar a un grupo amplo de persoas, que foron unánimes ao decantarse pola versión con coliflor.
n
nA proposta de sistemas enerxéticos máis sostibles e ecolóxicos é o tema central de varios dos proxectos. Ao aeroxerador de hidróxeno como combustible para coches construído por alumnos de Ourense súmanse a produción de biodiesel a partir de algas mariñas de rapaces de Vigo ou a obtención de enerxía a partir dunha pataca formulada por un alumno de Ribadeo (Lugo).
n
nAs investigacións para desvelar cuestións curiosas teñen un lugar destacado na Galiciencia. Dúas alumnas das Aulas Tecnópole desterraron o mito de que os peixes teñen só tres segundos de memoria facendo un experimento nun laberinto acuático co que observaron que os peixes pasaban cada vez máis rápido polos lugares repetidos en días anteriores. Outros dous estudantes non foron capaces de atopar evidencias da relación causal entre o gas radón e a morriña, pero si entre a exposición elevada a este gas co cancro e enfermidades respiratorias.
n
nDous alumnos de Ribadeo compararon o grao de acerto de MeteoGalicia e da Axencia Estatal de Meteoroloxía e, entre outras cousas, constataron unha maior fiablidade do servizo galego en canto ás precipitacións. O gran péndulo de Foucault caseiro construído por alumnas de Narón (A Coruña) foi a maior atracción visual da carpa, mentres que dous estudantes de Pontevedra lograban chamar a atención dos visitantes co seu avanzado bioproxecto para extraer células dentríticas dun individuo, tratalas no laboratorio e volver inserirllas para tratar enfermidades infecciosas.
n
nUn equipo chegado desde Barcelona probou que os alumnos que realizan os exames con música ambiente sacan mellores notas e outros dous ourensáns constataron que un ovo colocado entre dous móbiles comeza a cocerse a partir do minuto 65 de conversación (co que iso pode supoñer para un cerebro humano).
n
nAdemais, a Fundación Barrié participa cun stand propio no espazo da feira, organiza o ‘Gran xogo da ciencia’ e ofrecerá unha charla para que os docentes coñezan a canle ‘educaBarrié’.
n
nRetransmisión de espectáculo científico
n
nEsta mañá arrancaron tamén todas as actividades paralelas á exposición de proxectos, que inclúen unha exposición e talleres conmemorativos do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga e a elaboración colectiva por parte de estudantes tanto do video como da revista oficiais da Galiciencia.
n
nMañá xoves ás 12 horas todos os que o desexen poden asistir desde a súa casa ao espectáculo “De Newton a Batman: ciencia e superheroes” a través da web da Tecnópole. Nel realizaranse divertidos experimentos para someter a exame científico os superpoderes de personaxes como Batman, Flash, Superman e Spiderman.