Os funcionarios do Concello de Ourense, e en particular os axentes da Policía Local, recibirán formación a partir de mañá luns en medición de ruídos e elaboración de informes a cargo da empresa Sonen, Centro de acústica e servizos de telecomunicacións, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).
n
nAs xornadas formativas que terán lugar entre mañá e o martes a iniciativa da Administración local teñen como obxectivo que os funcionarios adscritos aos servizos de control de ruídos e de contaminación acústica (Policía Local e Medio Ambiente) poidan afrontar con solvencia as súas competencias neste eido, normalmente ligadas ás denuncias de particulares por molestias nocturnas procedentes de vivendas, locais de hostalería, etc.
n
nO obxectivo é que os traballadores realicen estas tarefas cumprindo coas esixencias legais, de maneira que teñan os coñecementos necesarios para elaborar informes rigorosos e así atender a tramitar as denuncias por ruídos dunha forma estrita e cunha base sólida. Deste xeito poderanse utilizar estes documentos para resolver os expedientes existentes abertos por vía administrativa.
n
nOs formadores de Sonen dotarán os funcionarios municipais do Concello de Ourense dos coñecementos básicos para afrontar o levantamento dunha acta de medición de ruídos: o procedemento a seguir, a identificación dos datos que se están medindo, o significado dos indicadores, o resultado da medición e o efecto que teñen na poboación.
- Home
- Actualidade
- Os funcionarios do Concello de Ourense fórmanse na medición de ruídos cunha empresa da Tecnópole
Os funcionarios do Concello de Ourense fórmanse na medición de ruídos cunha empresa da Tecnópole
- Domingo 11 Maio 2008