“Os cinco factores clave nos que se apoian os directivos das grandes compañías para lanzar os seus proxectos son: capacidade de liderado, experiencia en xestión de equipos e proxectos, coñecemento do medio no que desenvolven a actividade, rede de contactos e capacidade para financiar o proxecto”, segundo o responsable da Área de Creación de Negocio de MOA BPI Group, Javier Nieto.
Maior financiamento para directivos
Mentres que moitos emprendedores ven freados os seus proxectos polas dificultades para financialos, os executivos ao ser o colectivo que polo xeral dispón de máis medios económicos, son tamén os primeiros en lanzar os seus proxectos.
Grazas a iso, adoitan tardar moito menos en poñer en marcha as súas ideas de negocio. En España preto do 60% dos executivos necesita tan só entre 5 e 9 meses para saír ao mercado coa súa nova empresa. Moito menos que o resto de empregados que rolda os 12 meses.
Nieto explica no estudo sobre “Tendencias globais de emprego nos executivos” que “á hora de emprender, entre os ex directivos é moi habitual buscar unha continuidade á súa anterior actividade. Conscientes do valor da súa experiencia e contactos adquiridos ao longo da súa carreira profesional, é recorrente que os seus proxectos intenten capitalizar todo isto como freelances ou a través de novas empresas de consultoría ou de servizos especializados”.
“Outros aproveitan a circunstancia para enfocar o seu aos que sempre lles gustase dedicarse pero para os que, ata a data, non puideron dedicar o seu tempo. Modelos de negocio baseados en afeccións, hobbies ou sectores que durante anos seguiron de preto con especial interese”, aclara Nieto.
(Fonte: EFE Emprende)