Os Espectáculos de Ciencia de Tecnópole empezan a segunda parte da súa xira coa experiencia de “liberar a alma” dun osiño de gominola

Máis de 300 alumnos participaron o pasado día 5 no espectáculo 'Ciencia vs Ficción', co que comezaba en Tecnópole a segunda xira dos Espectáculos de Ciencia organizados por Parque Tecnolóxico de Galicia e Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.

n
n

n¿Existen os fantasmas?, ¿son realistas as formas que lles dan as películas aos extraterrestres e por que se empeñan en exterminarnos un a un?, ¿teñen sentido os insectos mutantes no noso ecosistema? Estas son algunhas das preguntas respondidas durante o espectáculo, no que ademais se levaron a cabo experiencias como a que consiste en "liberar a alma" dun osiño de gominola.
n
nOs Espectáculos de Ciencia celébranse entre os meses de febreiro e maio coa previsión de chegar a máis de 6000 estudantes galegos en total a través de 42 sesións de ciencia didáctica e divertida. Constan de dúas xiras, a primeira dedicada ao cerebro e esta que se está a desenvolver xa. Cada unha delas pasa por sete localidades galegas con tres pases por día.
n
nAta finais de maio o espectáculo 'Ciencia vs Ficción'' pasará tamén por Lugo, Santiago, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. As sesións están dirixidas a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes. O obxectivo desta experiencia é levar a ciencia do xeito máis didáctico e ameno aos máis novos. Ao longo dos 50 minutos que dura cada sesión, os asistentes participan en experiencias espectaculares que son o vehículo para introducir conceptos científico-tecnolóxicos. Isto serve para espertar nos rapaces e rapazas, que asisten acompañados polos seus profesores, a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.
n
n¿Existen os fantasmas?
n
nEste espectáculo permite aos participantes explorar os vínculos entre a ciencia e a ficción a través do visionado de fragmentos de películas e a realización de experimentos cos que, entre outras cousas, danse a coñecer as tecnoloxías que se utilizan para recrear as situacións máis espectaculares. A través de secuencias de filmes como "O señor dos aneis", "Charlie e a fábrica de chocolate", "Alien vs Predator", "Independence day", "Arack Attack" ou "Paranormal activity" os asistentes poden concluír por eles mesmos que acontece detrás e diante das cámaras para recrear o mundo de fantasía que mostra a pantalla.
n
nTodas as actividades se acompañan do envío de guías didácticas aos profesores para que lles saquen o maior proveito posible en clase, afondando nos coñecementos adquiridos durante as sesións.
n
nPor segundo ano consecutivo
n
nA iniciativa enmárcase na liña de actuación de desestacionalización das actividades de divulgación científica contemplada no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, que ten como obxectivo promover a celebración de actividades de divulgación á marxe da Semana da Ciencia.
n
nNo caso da Fundación Barrié, esta colaboración realízase no marco das actuacións de apoio á investigación, divulgación da ciencia e fomento de vocación científicas entre a xuventude galega, que impulsa a Fundación a través de educaBarrié, a súa iniciativa para achegarse á comunidade educativa, activa en centros escolares das catro provincias dende o pasado curso escolar (www.educabarrie.org).
n
nOs Espectáculos de ciencia celebraron a súa primeira xira o ano pasado e supuxeron un éxito sen precedentes para a actividade de divulgación de Tecnópole, xa que implicaron levar por primeira vez a súa actividade divulgativa a localidades de toda Galicia.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n