Máis de 6000 estudantes en total participarán nos ‘Espectáculos de ciencia’ que Tecnópole e Fundación Barrié organizarán por toda Galicia durante os próximos catro meses. O primeiro deles, titulado ‘O cerebro. 15 W de potencia’, comezou hoxe en Ourense con tres sesións nas que participaron 465 estudantes e repetirase os vindeiros días en Lugo, Santiago, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo.
n
n
nAta o mes de maio celebraranse en total 42 sesións de dous espectáculos diferentes, este e máis outro sobre ciencia e cine, no marco da xira 2013. Ambos os dous irán á cada una das sete grandes localidades galegas con tres sesións por xornada, todas elas cofinanciadas pola Consellería de Economía e Industria.
n
nAs sesións están dirixidas a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes. O obxectivo desta experiencia é levar a ciencia da maneira máis didáctica e amena aos máis novos. Ao longo dos 50 minutos que dura cada sesión, os asistentes participan en experiencias espectaculares que son o vehículo para introducir conceptos científico-tecnolóxicos. Isto serve para espertar nos rapaces e rapazas, que asisten acompañados polos seus profesores, a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.
n
nO apaixoante mundo do cerebro
n
n
A actividade iniciada hoxe nas instalacións da Tecnópole permitiulles a 450 rapaces e rapazas explorar o cerebro, unha máquina perfecta e extraordinariamente eficiente que nos converte en seres humanos. Pero ¿que sabemos sobre el? ¿Por que os científicos non puideron desentrañar aínda completamente os seus segredos?
n
nDurante a actividade presentáronse os coñecementos actuais sobre o seu funcionamento e, mediante xogos sensoriais e experiencias sorprendentes nos que interviron, os asistentes descubriron algúns dos segredos que esconde a nosa mente.
n
n
Así, puideron controlar un xogo mediante a concentración, descifrar os enganos das ilusións ópticas, coñecer cómo funcionan os receptores do sabor ou descubrir experimentalmente como se descoordina a nosa fala se interfire o sentido do oído.
n
n
Por segundo ano consecutivo
n
n
A iniciativa enmárcanse na liña de actuación de desestacionalización das actividades de divulgación científica contemplada no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, que ten como obxectivo promover a celebración de actividades de divulgación á marxe da Semana da Ciencia.
n
nNo caso da Fundación Barrié, esta colaboración realízase no marco das actuacións de apoio á investigación, divulgación da ciencia e fomento de vocacións científicas entre a xuventude galega, que impulsa a Fundación a través de educaBarrié, a súa iniciativa para achegarse á comunidade educativa, activa en centros escolares das catro provincias desde o pasado curso escolar (www.educabarrie.org).
n
nOs ‘Espectáculos de ciencia’ celebraron a súa primeira xira o ano pasado e supuxeron un éxito sen precedentes para a actividade de divulgación da Tecnópole, xa que implicaron levar por primeira vez a súa actividade divulgativa a localidades de toda Galicia.
n
n
n
n
n