Os Espectáculos de ciencia botan o telón logo de conquistar a 8000 estudantes de toda Galicia

n

n

O director da Axencia Galega de Innovación, Ricardo Capilla salientou hoxe o éxito dos ‘Espectáculos de ciencia’ organizados pola Tecnópole e que esta mañá celebraron a súa última sesión logo de percorrer toda Galicia durante os catro últimos meses. En total, foron 60 representacións que lle permitiron a esta iniciativa de divulgación científica achegar coñecementos e despertar o espírito innovador en 8000 estudantes en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra.

n

n

n

 

n

n

n

Capilla lembrou que a Xunta está a reforzar as actividades orientadas a difusión e divulgación científica ao abeiro do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C), co obxectivo de impulsar un cambio cultural a favor dun sistema económico e social baseado no coñecemento. O director da AGI recoñeceu o esforzo de colaboración entre a Consellería, a través da Tecnópole, coa Fundación Barrié para pór en marcha estes espectáculos, enfocados a fomentar a vocación de futuros investigadores, innovadores e emprendedores.  

n

 

n

En total celebráronse 60 sesións dos espectáculos Ciencia ou Ficción, Raios e Centellas!, Forzas e Enerxía e Maxia ou Química, nas que os rapaces tiveron a oportunidade de descubrir a ciencia que se esconde detrás dos trucos do cinema e participaron en experimentos que lles permitiron acender lámpadas co nariz, xerar unha enorme tormenta de raios no interior do salón de actos, someterse a un detector de mentiras elaborado con ketchup, facer lume chocando bólas metálicas, fritir un ovo sen calor, dobrar culleres co poder da mente, converter a auga en viño ou conxelar líquidos cun toque de variña máxica.

n

 

n

Tecnópole celebra 20 anos de crecemento 

n

 

n

Ademais, Ricardo Capilla salientou que esta actividade fixo posible achegar á sociedade o labor do Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, que no seu 20 aniversario celebra unha verdadeira traxectoria de crecemento. Neste sentido, as empresas da Tecnópole conseguiron incrementar o seu volume de negocio en 44,1 millóns durante o ano 2011, con respecto ao exercicio anterior, chegando a pechar 2011 cunha facturación total de 214,9 millóns, o que supón un aumento do 25,7%. Mentres que no eido do emprego, ao final de 2011 das empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia sumaban 1.678 traballadores, un 9% máis que en 2010, o que significa que nun ano creáronse de 139 empregos novos dentro do Parque.

n

 

n

O obxectivo da Tecnópole é continuar aumentando este balance de éxito con iniciativas como a recente apertura dun servizo innovador orientado ao colectivo dos traballadores autónomos: a sala de coworking. A finalidade deste proxecto é que estes profesionais poidan instalarse por un custo moi baixo, coa posibilidade de colaborar, compartir proxectos entre eles, á vez que se relacionan coas 80 empresas que traballan na Tecnópole

n

 

n

n

n

 

n