Grazas a un formato reducido e un ambiente distendido, os participantes tiveron ocasión de poñer en práctica as recomendacións da relatora, que lles transmitiu útiles ideas forza sobre a aplicación das claves da oratoria. Os asistentes puideron formular abertamente as súas inquietudes, baseadas sobre todo en como comunicar no ámbito dos negocios para pechar contratos, como trasladar un discurso científico ou como comunicar internamente no seo dos equipos de traballo.
Formoso destacou a importancia de adestrarse coas técnicas da oratoria para potenciar o poder de persuasión, elaborar discursos eficaces e conseguir fluidez na expresión oral.
Sobre a escoita activa e a empatía, asegurou que un orador “ha de ter un ego pequeno” para interactuar cos seus oíntes, que dende o primeiro momento se preguntan que utilidade van sacar do que están a escoitar, co risco de que se desconecten ou, o que é peor, se vaian en caso de non percibir ningunha.
Segundo a experta, o 80% do éxito ten que ver coa actitude do orador, “que deberá transmitir co seu entusiasmo esas ganas de comunicar quero estar aí. A isto engadiu a necesidade de expresarse de xeito claro, evitando os tecnicismos, e de adquirir capacidade argumentativa.
(Fonte: Tecnópole)