Moitos mozos e non tan mozos están a lanzarse á aventura de montar un negocio na "economía verde", un sector que, coa crise como trasfondo, ofrece grandes oportunidades segundo expertos e emprendedores consultados por EFEverde.
n
n
nO aforro e eficiencia enerxética, o desenvolvemento de ferramentas relacionadas co cálculo de pegada de carbono ou a mobilidade sustentable son segundo o director de programas do Instituto Superior do Medio Ambiente (ISM), Santiago Molina, algúns dos ámbitos "nos que máis doadamente se pode emprender neste campo sen necesidade de facer fronte a grandes investimentos".
n
n¿Aféctache a ti?
n
nPrecisamente, a ONU, que celebrou a cuadraxésima edición do Día Mundial do Medio Ambiente baixo o lema "Economía verde, ¿inclúete a ti?", destacou a relevancia das pequenas empresas para impulsar un desenvolvemento socioeconómico respectuoso co contorno.
n
nNestas actividades englóbanse dende aquelas que reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro ou o consumo de enerxía e recursos naturais, ás que axudan a conservar a biodiversidade e nos últimos anos presentáronse máis de 200 proxectos en España.
n
nO informe de Economía Verde do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) sinala que, con investir soamente un 2% do PIB mundial en dez sectores claves (agricultura, construción, enerxía, pesca, xestión forestal, industria, turismo, transporte, residuos e auga), pódese activar unha transición cara a unha economía baixa en carbono e eficiente no uso de recursos.
n
nA nivel mundial, o PNUMA puxo en marcha en 2002 a iniciativa "SEED" para premiar pequenos empresarios de países en desenvolvemento con ideas innovadoras de carácter local que loitan contra a pobreza e contribúen ao uso sustentable dos recursos naturais: algúns proxectos premiados foron unha empresa que fabrica bicicletas de bambú en Ghana ou unha franquía de cargadores de enerxía solar en áreas remotas de Burkina Faso.
n
n200 proxectos
n
nOs emprendedores verdes xogarán "un papel protagonista" nesa transición destacou a EFEverde a directora da Fundación Biodiversidade, Sonia Castañeda. Por iso esta Fundación pública creou hai algo máis dun ano a "Rede Emprendeverde", unha plataforma online que busca poñer en contacto a emprendedores e a investidores, na que xa hai rexistrados 2439 usuarios.
n
nCastañeda explicou que a Rede está a preparar "un concurso para recoñecer e premiar estes protagonistas da economía verde", estes emprendedores que presentaron máis de 200 proxectos de negocios ambientalmente sustentables.
n
nEntre as trabas para "emprender en verde", ademais do financiamento están os complexos trámites administrativos que, segundo Castañeda nos fan "un dos países da OCDE máis lentos para montar un negocio".
n
nSegundo Castañeda, a economía verde "é unha oportunidade que nos brinda a crise", algo no que coincide Santiago Molina, director de programas do Instituto Superior do Medio Ambiente (ISM), un centro de formación que ensina a poñer en marcha un negocio ambiental.
n
nAo ISM achéganse sobre todo profesionais como físicos ou licenciados en Ciencias Ambientais "cunha traxectoria de entre 2 e 4 anos no sector e moita inquietude" que identificaron oportunidades de negocio, resalta Molina.
n
nTalento verde
n
nUn dos "ecoemprendedores" que pasou polas aulas do ISM antes de montar o seu negocio é Agustín Valentín-Gamazo, o director de Enviroo, un portal de emprego e medio ambiente que busca impulsar o "talento verde" e facilitar ás empresas perfís de profesionais do sector ambiental.
n
nSegundo Valentín-Gamazo, é "unha forma de unir novas tecnoloxías, medio ambiente e emprendemento"; unha plataforma necesaria en España, un país con "moito potencial" neste sector.
n
n"Trátase de buscar o talento verde a través de servizos máis innovadores que os dos portais de emprego tradicionais", explicou o director de Enviroo.
n
nOutro exemplo de emprendemento con tinguiduras ambientais é "Emprendae", unha iniciativa de tres amigos que apostaron en agosto de 2011 por engadir á "tradicional" consultoría ambiental aspectos sociais, e os seus proxectos tocan temas tan dispares como a bioconstrución, o apoio a outros "ecoemprendedores" ou o deseño dun proxecto de loita contra a pobreza en Angola.
n
nSegundo un dos novos socios desta empresa, Luis Morales, coa crise estas ideas teñen "mellor acollida", xa que "a xente busca algo distinto" e aínda que hai "problemas de liquidez", pódense para lanzar proxectos innovadores e sustentables: "é agora ou nunca".
n
n(Fonte: EFEverde)