A Universidade de Santiago de Compostela organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, unha xornada para coñecer e debater dende diferentes ópticas todos os pasos que unha persoa emprendedora ten que dar para optimizar a busca de financiamento privado para o seu proxecto empresarial. Como entidade colaboradora de Inberso, os membros de Tecnópole teñen un 50% de desconto na cota de inscrición.
n
n
n
O próximo 22 de setembro o workshop Investment Readiness reunirá en Santiago de Compostela persoas expertas e investidores que orienten e acompañen os emprendedores no proceso de busca de financiamento privado.
n
n
Tamén se abordarán formas novas de facer empresas con criterios socialmente responsables e tratarase o liderado feminino a través da experiencia de mulleres que tiveron un papel indispensable no desenvolvemento das organizacións que lideran.
n
n
O workshop está dirixido a persoas emprendedoras, persoal técnico de apoio empresarial e profesionais vinculados ao campo do financiamento privado.
n
n
Co obxectivo de atraer e pechar con éxito os procesos de negociación con investidores, os participantes na xornada poderán interactuar con expertos de recoñecido prestixio nun ámbito distendido, que facilitará o intercambio de experiencias e impresións.
n
n
Máis información aquí.
n
n
(Fonte: USC)
n