Os dez produtos máis innovadores do súper

A variedade de produtos que hai nos supermercados é tan ampla que para as marcas é cada vez máis difícil innovar e crear artigos novos que sexan orixinais. A pesar diso, o ano pasado lanzáronse 118 produtos con características únicas ou especiais, por exemplo cun sabor ou un formato que se introduce por primeira vez.

“Algo é innovador cando ten unha característica que é a primeira vez que aparece nesa categoría no mercado. Só se ten en conta o primeiro produto que o ten, non os que seguen a tendencia”, explica César Valencoso, director de consumo de Kantar Worldpanel.

A consultora realiza cada ano un estudo sobre a innovación na gran distribución. Este sector abrangue a alimentación, as bebidas, a droguería e perfumería. En 2015 creceu o número de novos lanzamentos “con algo diferente” por primeira vez dende 2010. Segundo a consultora, as marcas que máis innovaron o ano pasado foron Danone, Font Vella, Bimbo, Unilever e Mondelez. Ademais, Kantar elaborou unha lista dos produtos que máis romperon. Son os que máis veces compraron os consumidores.

Font Vella Kids: a novidade, segundo Kantar, está no envase, que ten forma de boneco: “É a innovación máis exitosa do ano. Os consumidores premiaron a novidade no formato comprándoo”, explica Valencoso.

Yatekomo: estas sopas de fideos de Gallina Blanca seguen gañando adeptos no mercado. O ano pasado tivo grande acollida a nova Yakisoba de polo.

Actimel Pro Vital: este produto responde “ao interese do consumidor polos produtos saudables. O san demándase”, explica Ignacio Larracoechea, presidente de promarca.

Bagel de Thomas: é a achega novidosa neste produto está no seu formato: un pan de almorzo con forma de bagel e cunha capa exterior crocante.

Activia Fruit Fusion: son os novos iogures de Activia de framboesa e lichi. “Que se introduza por primeira vez un sabor nun produto dunha categoría determinada é innovar”, explica Valencoso.

Suchard Oreo: tamén aquí o novidoso sabor é o que premiaron os consumidores deste turrón con sabor a galleta.

San Miguel Melocotuva, Naramango e Piñacuyá: o sector das bebidas é un dos que máis flutúa en termos de innovación pois, di Valencoso, “hai anos nos que hai numerosos lanzamentos e outros nos que se presentan pouco produtos novos. Este ano o sector concentrou o 15,2% das novidades. Unha delas, estes zumes de multisabores de San Miguel.

Frigo Magnum Mini-Pink: o 73% das innovación prodúcense na alimentación. Outro exemplo, dentro dos conxelados, é o destes xeados de framboesa e de tamaño máis reducido.

Shandy Zero: a palabra “zero” é outra das máis demandadas polos consumidores, segundo Kantar, á hora de comprar un produto ou outro. De aí a boa acollida que tivo este ano a primeira Shandy Zero.

Flora Gold: de novo “o elemento saudable aparece na lista da compra” e por iso esta manteiga cun 50% menos de graxas entra no top de produtos innovadores que máis gustaron aos consumidores en 2015.

(Fonte: El Mundo)