Os coches son o novo reto para os smartphones

A tecnoloxía dos teléfonos intelixentes está a volverse omnipresente na electrónica de consumo e electrodomésticos. Talvez o maior potencial de plataformas e servizos móbiles non está nos aparellos domésticos, senón nos coches.

n
n

 
nMoitas das actividades que realizamos nos vehículos, como escoitar música ou buscar direccións, están xa incluídas nas aplicacións móbiles. Os estadounidenses gastan un promedio de 1,2 horas diarias viaxando e 38 horas anuais nun atasco. Se as novas aplicacións móbiles, así como os servizos baseados en Internet, poden vir incluídos nos automóbiles, os concesionarios serían capaces de atraer a un gran número de consumidores.
n
nXa existe un mercado de telefonía móbil –cada vez maior– para vehículos. Pero segundo estimacións de GSMA dentro de cinco anos haberá máis de 60 millóns de coches conectados a nivel mundial. Segundo mostra Business Insider este mercado moverá 40.000 millóns de euros anuais en 2018. Pandora, por exemplo, empregarase en 2,5 millóns de coches e 100 modelos, grazas ás súas 23 asociacións con marcas de coches e 8 con fabricantes de equipos de música.
n
nUn novo informe de 'BI Intelligence' examina as principais iniciativas para levar o móbil no coche, analizando as formas principais de conectar así todos os seus servizos. Tamén investiga se as compañías de automóbiles empregarán os sistemas operativos iOS ou Andoid ou se, pola contra, optarán por crear plataformas propias.
n
nA integración é unha das tres formas principais para atraer servizos móbiles nos coches. Grazas ás ferramentas dos vehículos que faciliten o uso dispositivos móbiles, os condutores poderán acceder a Internet mediante controis de voz, altofalantes, conectores, mandos no volante… Actualmente moitas das facilidades usadas son o bluetooth e o audio jack conectados.
n
nTethering é outra opción que permite que o coche non dependa dun dispositivo externo para reunir datos baseados en Internet, senón que conseguirá que estes aparellos estean integrados. Desta maneira conexión e intelixencia fusionaranse no coche, e os dispositivos externos deixarán de ser esenciais para o funcionamento das aplicacións.
n
n(Fonte: media-tics)
n

n