n
n
Acender un portátil tan rápido como unha lámpada ou almacenar no móbil a colección de música, fotos e vídeos de toda unha vida. Agora é impensable pero en cinco ou dez anos será case unha rutina. Polo menos iso din os enxeñeiros que traballan en desenvolver o sucesor da memoria flash. Samsung, IBM e HP, entre outros, andan á greña por ser os primeiros en conseguilo.
n
n
n
n
n
n
A memoria flash converteuse no estándar de almacenamento integrado en MP3, cámaras dixitais, smartphones, tabletas e portátiles ultrafinos. Tamén nos lapis USB e tarxetas extraíbles das que empresas como SanDisk venden 19 por segundo. Os discos duros tradicionais son máis baratos pero lentos e os seus pratos xiratorios e cabezais estráganse co tempo.
n
n
Os chips de memoria flash, en cambio, non utilizan pezas móbiles e son o dobre de rápidos que un disco duro. O problema é o prezo. Os novos ultrabooks, por exemplo, substitúen o disco duro por unidades de estado sólido ou SSD (solid-state drive, en inglés), baseados en memoria flash, pero o custo (uns 100 euros por 128 xigas) empurra o prezo final dos ordenadores por enriba dos 1000 euros.
n
n
"A memoria flash é fundamental porque os consumidores queren almacenar cada vez máis datos, música, fotos e aplicacións. Os servizos de streaming e a nube non cobren esa demanda, sempre necesitarás memoria local para que a experiencia de usar un smartphone ou un tablet sexa fluída", explica dende Nova York Michael Morgan, analista de ABI Research.
n
n
Apple é o maior comprador de memoria flash do mundo, utilízaa en case todos os seus produtos, dende o iPod e o iPhone ao iPad e os Macs. O trimestre pasado adquiriu o 23% do total de memoria flash vendida a nivel mundial. A diferenza entre un iPad 2 de 16 xigas e un de 32 son precisamente os 16 xigas extra de espazo. Apple cobra por eles 100 euros máis pero paga ao fabricante só 0,52 euros o xiga (8,32 por 16 xigas), segundo Bernstein Research. É dicir, 91 euros limpos de po e palla. Un negocio redondo e, segundo os investigadores, con data de caducidade.
n
n
O motivo son os obstáculos aos que se enfronta o almacenamento flash. Ademais do prezo está o tamaño, chegouse case ao límite cos chips de 20 nanómetros presentados por Intel e Samsung, que permiten albergar ata un terabyte no espazo da xema dun dedo. Parece difícil ir máis alá. E logo está a calidade, se borramos e reescribimos a memoria flash máis de 5×000 veces, empeza a fallar.
n
n
Alternativas
n
n
IBM leva anos investigando alternativas. Recentemente logrou reducir a 12 os átomos necesarios para almacenar un bit de información, creando memorias magnéticas a escala atómica capaces de acumular 160 veces máis información por unidade de espazo que a memoria flash. Este avance podería desembocar en móbiles e reprodutores MP3 con varios terabytes de espazo.
n
n
Os enxeñeiros de IBM en Zurich traballan tamén nas memorias PCM (phase-change memory, en inglés). Son cen veces máis rápidas que as flash, soportan 10 millóns de reescrituras e enriba son máis baratas de desenvolver. IBM aposta polo 2016 para a súa comercialización.
n
n
Samsung e Micron Technologies foron moi activos en demostrar o almacenamento PCM como substituto do flash. A firma coreana integrou chips PCM de 512 megabits en móbiles de gama baixa e este ano anunciará novos modelos máis rápidos e potentes. Intel leva dende o 2008 traballando neste campo, pero aínda non anunciou datas de venda.
n
n
HP é o outro contendente cunha tecnoloxía denominada memristor. O científico Leon Chua sentou as bases teóricas do memristor en 1971 aínda que non foi ata o 2008 cando os laboratorios de HP probaron a súa viabilidade. "É un chip capaz de almacenar información sen corrente continua, poderíase aplicar a calquera tipo de aparato. Estamos convencidos que a curto prazo substituirá á memoria flash e ás unidades de estado sólido", aseguran fontes de HP en España.
n
n
O memristor é 100 veces máis rápido que a memoria flash, consume dez veces menos enerxía e necesita menos espazo, polo que podería rematar nas tripas de eReaders e smartphones. A longo prazo aspira a substituír á memoria RAM, dando lugar a ordenadores de arranque instantáneo. HP e o fabricante Hynix aseguran que o memristor estará listo para o 2013.
n
n
Non será doado desbancar á memoria flash, xigantes como Apple seguen apostando fortemente por ela. A compañía confirmou a compra da israelí Anobit por 390 millóns de dólares (307 millóns de euros), a segunda adquisición máis grande da súa historia despois de NExT. Anobit, cuxa web xa non está accesible, dedícase a mellorar a duración e fiabilidade dos chips de memoria flash.
n
n
"É unha compra moi intelixente, Apple poderá ofrecer iPhones e iPads con maior capacidade de almacenamento e máis barata que os seus competidores", explica Morgan, quen cre que o futuro da memoria flash ao final dependerá do custo das tecnoloxías rivais. "Pasará polo menos unha década ata que teñamos unha alternativa igual de fiable, ubicua e barata".
n
n
(Fonte: El País)
n
n
n
n