Unha empresa do Reino Unido puxo sobre a mesa un deseño singular para eses avións, nos que as a fuselaxe tradicional sería substituída por ese tipo de paneis transparentes que entre outras cousas ofrecerían un aforro importante no peso, o que á súa vez redundaría en menores emisións de CO2 e menores consumos de combustible.
Por suposto a esas melloras súmaselle a espectacular cabina que quedaría para os pasaxeiros, que disporían de avances como os da realidade aumentada para poder ser informados de por onde van pasando, ou dun completo sistema de ocio e asistencia no avión que se combinaría con esa fuselaxe transparente.
A empresa Centre for Process Innovation (CPI) falou con varios expertos da industria aeronáutica, e estes explicáronlles que entre outras cousas incluír ventás fai que a fuselaxe teña que ser reforzada, pero omitir esas ventás e substituír por paredes de pantallas en paneis faría que o avión fose notablemente máis lixeiro. Segundo os seus datos, un 1% de redución no peso fai que o aforro de consumo de combustible sexa do 0,75%.
Esas pantallas fabricaríanse con tecnoloxía de pantallas OLED flexibles, e aínda que non é probable que esa idea chegue a aplicarse ata dentro de 10 anos, os seus responsables cren que o futuro dos avións comerciais podería pasar por aí. A idea xa se barallara en empresas como Airbus, que o ve como unha opción en deseños para o ano 2050 -xa teñen unha patente para cabinas sen ventás- mentres que outras firmas como a parisiense Technicon Design tamén ofreceu recentemente a súa visión deste concepto co seu reactor IXION.
(Fonte: Xataca)