Os alumnos das Aulas Tecnópole celebran o seu acto de fin de curso

Os noventa alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole celebran este mércores día 8 de xuño o seu acto de fin de curso coa presenza do director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla. O evento, que dará comezo ás 17 horas, está aberto á asistencia de todas as empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia que desexen participar.

n
n

 

n

Os alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole vanse de vacacións de verán despois de traballar durante todo o curso en 23 proxectos de I+D+i de ámbitos moi variados. Ademais da presentación de tres destes proxectos por parte dos seus autores, o evento incluirá demostracións, visita aos seus espazos de traballo, entrega de diplomas e unha merenda.

n

 

n

Os alumnos das Aulas Tecnópole, todos eles de Secundaria e Bacharelato e procedentes de institutos de toda a provincia de Ourense, reuníronse en dous grupos todos os mércores e xoves do curso para participar neste programa de desenvolvemento de capacidades científicas e innovadoras.

n

 

n

(Fonte: Tecnópole)

n

 

n

 

n