Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) realiza estudos pioneiros en 'foodómica', unha nova disciplina baseada en estudar os alimentos mediante técnicas masivas de análise xenómico como a transcriptómica, a proteómica e a metabolómica.
n
n
nOs científicos, que definen este novo campo no último número da revista Analytical Chemistry, esperan, a curto prazo, afondar en como os alimentos repercuten na prevención ou a evolución das enfermidades. "A moi longo prazo estaremos capacitados para darlle a cada persoa unhas pautas sobre a alimentación que proporcione os maiores estándares de saúde e o menor risco de padecer determinadas enfermidades, é dicir, será posible a alimentación personalizada", explica o investigador do CSIC Alejandro Cifuentes, que dirixe o Laboratorio de Foodómica no Instituto de Investigación en Ciencias da Alimentación.
n
nSegundo os seus impulsores, a foodómica permite abordar tamén aspectos esenciais dos alimentos como a súa seguridade, calidade e trazabilidade. A detección de novos contaminantes, a determinación de modificacións non esperadas en alimentos transxénicos e a definición de novos biomarcadores que confirmen a calidade dos alimentos son algunhas das aplicacións.
n
n"Nestes momentos, o noso grupo de investigación está a estudar como os alimentos inciden na prevención ou evolución de enfermidades como o cancro de colon e o Alzheimer", destaca o investigador do CSIC. O obxectivo último da disciplina é mellorar a saúde e benestar dos consumidores aumentando o coñecemento sobre a seguridade, a calidade e a bioactividade, a nivel molecular, dos alimentos.
n
n(Fonte: CSIC)