Os alimentos do futuro

"Cando eu era pequeno, a comida era comida". ¿Cantos de nós oímos aos nosos pais ou avós falar da autenticidade dos produtos que consumían anos atrás? Seguramente a gran maioría. O certo é que en parte teñen razón, pois foi hai 70 anos cando os produtos químicos se comezaron a introducir na industria alimentaria.

n
n

nHoxe en día as posturas son diversas. Hai científicos que cren que os alimentos ecolóxicos son beneficiosos para a saúde e que hai quen dubida da súa efectividade. A verdade é que existe unha batalla entre os partidarios dos alimentos transxénicos e os partidarios dos alimentos ecolóxicos na cal ambas as dúas posturas postulan argumentos que non están comprobados cientificamente, como o feito de que os transxénicos sexan prexudiciais para a saúde e que os ecolóxicos si o sexan.
n
nTransxénicos e ecolóxicos
n
nPara poñernos en situación temos que falar de cifras, pois ao comezar o século XX, 1500 millóns de persoas poboaban a Terra. Hoxe somos xa máis de 6000. A poboación mundial creceu máis nestes dous últimos séculos que en todos os anteriores e isto forzou a industria alimentaria a utilizar produtos químicos co obxectivo de facer rendibles os cultivos e abaratar o seu custo de produción. Apareceu entón o que se coñece como produción intensiva, que aseguraba unha fonte de alimentos estable para a crecente poboación.
n
nEstes datos obrigan a reinventarse, para abastecer as necesidades do futuro créase a produción intensiva. Por outro lado a agricultura e gandería ecolóxica é respectuosa coa natureza e supón unha importante alternativa á produción intensiva de alimentos. Pero a pregunta é: ¿poderiamos alimentar toda a poboación só con alimentos ecolóxicos? Moitos dubídano, a pesar da crecente industria do mercado ecolóxico.
n
nNovas formas de produción
n
nHoxe en día investíganse novas formas de produción de alimentos e de conservación destes. Xa se están a utilizar procesos que, centrados na etapa da postcolleita, alongan a vida de froitas e verduras baixando a temperatura e quitándolle o osíxeno evitando así que o 50% destas se perda. Preténdese tamén, no mundo da agricultura, mellorar xeneticamente as plantas para lograr cultivos resistentes á seca con métodos de manipulación xenética.
n
nPor estraños que nos parezan, os insectos, a carne de laboratorio e as algas son algúns dos alimentos proclives a ser consumidos con maior frecuencia no futuro. Os insectos por exemplo, teñen unha alta probabilidade como dixemos de converterse nun alimento básico. Estes teñen un valor nutritivo semellante ao da carne e son unha fonte importante de proteínas. Ademais, o custo de crialos é moito menor en comparación ao gando. Existen 1400 especies comestibles e unha gran parte da poboación mundial xa se alimenta deles.
n
nPouco tempo atrás e coa idea de ver se podía converterse nun alimento para os astronautas no espazo, científicos holandeses produciron carne in-vitro, tamén coñecida como carne cultivada. Fixeron crecer tecido muscular a partir de células nai de vacas. Facer crecer carne no laboratorio (evitando así a cría de gando) reduciría significativamente a produción de gases con efecto invernadoiro e o consumo de auga e enerxía. Polo tanto atopámonos co paradoxo de que os ecoloxistas están en contra destes produtos transxénicos, aínda contaminando moito menos.
n
nEn conclusión, á afirmación de que a comida dos nosos pais e avós era comida máis auténtica, hai diversas afirmacións. Pero o que é seguro é que cos sistemas de anos atrás, a produción diminuiría entre un 30% e un 50%, deixando por conseguinte millóns de persoas sen sustento.
n
n(Fonte: ABC)

n