Os algoritmos de Google e Facebook aplícanse na investigación contra o cancro

As estratexias dos buscadores e as redes sociais serviron como modelo no estudo de marcadores do cancro de páncreas. Grazas a elas, un equipo de científicos alemán analizou 20.000 proteínas e atopou que sete delas son importantes na progresión desta enfermidade oncolóxica.

n
n

nComo decide Google que páxinas son as máis relevantes e o xeito no que se relacionan os usuarios de Facebook son dúas estratexias que se utilizaron para atopar proteínas clave no desenvolvemento do cancro de páncreas. Este é o resultado dunha investigación alemá que se publica na revista Plos Computational Biology.
n
nOs científicos da Universidade de Dresde empregaron unha modificación do algoritmo 'PageRank' de Google para testar a posible relevancia de 20.000 proteínas no cancro de páncreas. O resultado é o achado de sete moléculas que poden axudar a determinar a agresividade do tumor e como de intensa debe ser a quimioterapia que reciba o paciente.
n
n"Buscamos marcadores tendo en conta todas as súas interaccións, é dicir, fisgamos na súa rede de 'amigos', explica a SINC Christof Winter, bioinformático e primeiro autor do estudo.
n
n"A busca de biomarcadores de xeito illado daba moitos falsos positivos", aseguran os científicos. As proteínas que atopaban podían predicir ben a progresión do cancro nunha cohorte de pacientes pero non en persoas individuais. "Usando o algoritmo de Google e tendo en conta a rede de interaccións das proteínas os nosos resultados son moito máis reproducibles e aplicables a cada paciente", afirma Winter.
n
nAo principio, o equipo experimentou coas súas propias estratexias de busca, pero "pronto nos decatamos de que o algoritmo que necesitabamos xa existía", comenta Winter. "Estaremos encantados de facilitar o código que utilizamos e as instrucións para activalo a todo aquel que o necesite", aseguran os investigadores.
n
n"Estaremos encantados de facilitar o código que utilizamos e as instrucións para activalo a todo aquel que o necesite", aseguran os investigadores.
n
nA importancia dos biomarcadores
n
n"En medicina buscamos biomarcadores en mostras de saliva, pelo e sangue dos pacientes", explica Winter. Estas moléculas permiten saber se unha persoa está enferma (marcadores diagnósticos ou de detección temperá) e a súa progresión (marcadores prognósticos).
n
n"Case todos os marcadores, no seu sentido máis amplo, se poden detectar nunha análise de sangue estándar -sinala o experto-. Pero dende hai unha década os marcadores máis populares son os que medimos mediante técnicas de xenómica e transcriptómica".
n
nAínda que os biomarcadores atopados parecen significar un avance no diagnóstico do cancro de páncreas, aínda non se poden aplicar á práctica clínica. "Queda moito camiño por percorrer se queremos transformar estes descubrimentos en fármacos que deteñan a progresión do cancro", comentan os autores.
n
nO grupo de Winter xa está a colaborar con RESprotec, unha compañía biotecnolóxica que traballa no desenvolvemento de novos medicamentos relacionados co cancro pancreático.
n
n(Fonte: SINC)

n