Os 10 avances tecnolóxicos máis rompedores do 2014

O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) publicou o seu informe anual TR10 nel móstranse os dez avances tecnolóxicos que despuntarán en 2014. Segundo o MIT, estes inventos deixarán pegada a partir deste ano, xa que resolven problemas actuais, ou crean novas formas de utilizar a tecnoloxía.

1. Drones agricultores

Segundo o MIT os drones para a agricultura son unha tecnoloxía rompedora que permite aumentar a produción das colleitas sen provocar danos, facer un seguimento do cultivo, mellorar o consumo de auga e xestionar as pragas grazas ás cámaras incorporadas.

2. Smartphones ultraprivados

Tamén están entre os elixidos os smartphones ultraprivados. Estes teléfonos móbiles revelan a mínima cantidade de información dos seus usuarios para que gobernos e anunciantes non consigan os seus datos.

3. Mapeo cerebral

Os científicos están a conseguir niveis de detalle no mapa en 3 D do cerebro de 20 micrómetros de resolución. O Proxecto Europeo do Cerebro Humano conseguiu superar en 50 veces a precisión anterior, se segue así proporcionará aos neurocientíficos unha guía da complexidade do cerebro.

4. Chips neuromórficos

Estes microprocesadores actúan como cerebros para mellorar a intelixencia artificial dos dispositivos dixitais, posiblemente substituirán aos chips tradicionais.

5. Impresión 3-D a microescala

Esta tecnoloxía baséase nun tipo de proceso como a impresión 3-D e utiliza múltiples materiais para crear obxectos tales como tecidos biolóxicos para reparar os vasos sanguíneos. O que podería derivar na fabricación de órganos artificiais.

6. Edición do xenoma

Esta ferramenta permite modificar o xenoma para crear primates con mutacións específicas e estudar doutro xeito as desordes cerebrais e outras enfermidades humanas.

7. Colaboración móbil

Trátase de que os smartphones e as tablets teñan un software útil para realizar tarefas en equipo. Como por exemplo, servizos para poder editar documentos en conversación con outros usuarios, sen necesidade de recorrer ao correo electrónico.

8. Oculus Rift

Uns dispositivos de realidade virtual de gran calidade que xa son o suficientemente baratos para o mercado de consumo. Unhas “lentes” que darán lugar a novas formas de entretemento e comunicacións.

9. Robots áxiles

Uns autómatas coa capacidade de camiñar e correr en terreos desiguais, aos que outras máquinas con rodas non poden chegar. Unhas características que lle permitirán internarse a lugares onde a vida humana estaría exposta e en risco.

10. Enerxías eólica e solar intelixentes

Da combinación do big data e a intelixencia artificial estase a conseguir obter predicións meteorolóxicas cada vez máis fiables, o que provocará un mellor uso das enerxías renovables, como a solar e eólica.

(Fonte: Innovaticias)