Levan xa quince anos fabricando ordenadores, tablets, portátiles, smartphones ou cámaras. A galega Primux, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, acaba de lanzar ao mercado os seus novos computadores. Trátase de equipos de gaming cos que reforza ámbitos cunha importancia que non deixa de medrar na actualidade: a intelixencia artificial, a realidade virtual e o gaming de competición. «Os avances informáticos dás últimas décadas e as novas tecnoloxías están a mellorar as nosas vidas en moitos aspectos, pero esixen tamén equipos máis potentes que sexan capaces de realizar operacións cada vez máis complexas», explica Daniel Rodríguez, CEO de Primux.
Deste xeito, os equipos desta compañía ourensá usan compoñentes de alta calidade ideados para soportar fluxos de traballo e procesos complexos de forma fluída. «Contan con procesadores de alto nivel para xestionar a enorme cantidade de datos que se crean e analizan. Unha GPU visual xerada e unha memoria RAM que se centra en ofrecer tanto unha boa experiencia executando aplicacións, como administrando todas as operacións que teñen lugar en segundo plano». A isto súmase un almacenamento de última xeración para que o computador funcione á perfección e execute programas de alto rendemento sen presentar ningún problema. «Durante os últimos anos, o mundo da tecnoloxía e da informática avanzou moito, do mesmo xeito que o mundo gaming».
Primux vende así 40.000 equipos ao ano. Unha cifra na que reinan os dispositivos para amantes dos videoxogos e os portátiles, «que están a ter unha grande acollida». Este é só parte do traballo dun grupo de 50 profesionais que traballan desde Ourense. Alí está a súa liña de produción, onde revisan e controlan todos os equipos e apostan «polo talento galego».
«Podemos dicir que agora mesmo o 70% do proceso de produción realízase en territorio nacional, aquí en Galicia. Este proceso comezou hai xa un par de anos». Un proceso que empezou cando abriron en Ourense a súa propia liña de produción para «poder supervisar e controlar mellor a fabricación dos nosos equipos, ao mesmo tempo que implicaba acurtar tempos e aforrar en loxística». Polo momento, si explican que hai procesos que é imposible traer a España. «Asia destaca por ter un ecosistema potente de fabricación que estamos a tentar reproducir aquí en Galicia, pero que implica dar moitos pasos intermedios. É un proceso moi longo, pero seguimos traballando e reuníndonos para poder seguir dando pasos cara adiante», sentencian.
Fonte: La Voz de Galicia