Oímbra terá vivendas de promoción pública en madeira (CIS-Madeira)

A Xunta prevé ampliar o parque público residencial do Concello de Oímbra a través dun proxecto piloto para a construción de vivendas en madeira que desenvolverán o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA). Segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o obxectivo é «impulsar novas promocións residenciais de carácter público nas que prime o uso de materiais sostibles respectuosos coa contorna».

Está previsto construír tres vivendas unifamiliares, que, unha vez edificadas, serán cualificadas como promoción pública, pasando a formar parte do parque residencial do IGVS para, a continuación, ser adxudicadas a través do rexistro de demandantes de casas. O Instituto Galego da Vivenda e Solo financiará parte do custo da construción e encargarase da redacción de proxectos así como da contratación e execución das obras.

Pola súa parte, a Axencia Galega da Industria Forestal tamén asumirá parte do custo e realizará tarefas de asesoramento técnico a través do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira). Esta iniciativa conta cun orzamento estimado de 870.000 euros.

Fonte: La Voz de Galicia