OHL e ACS lideran un proxecto para mellorar a comunicación entre automóbiles e autoestradas

As compañías OHL e ACS están a desenvolver un proxecto que busca facilitar o intercambio de información entre un vehículo e a autoestrada pola que circula co fin último de mellorar a seguridade e a xestión da mobilidade nestas vías.

n
n

 

n

Na investigación tamén participan Indra, Sice, GMV e a Universidade Politécnica de Madrid. Estas empresas e a universidade supoñen máis do 30% do orzamento total do consorcio que desenvolve o proxecto que, en total, está integrado por 23 empresas e organismos de investigación de oito países europeos.

n

 

n

O proxecto -denominado ‘FOTsis’- ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento e a estandarización a gran escala de servizos cooperativos entre a infraestrutura e o vehículo que, mediante o uso de novas tecnoloxías, faciliten o intercambio de información entre o centro de control da autoestrada e os dispositivos instalados nos vehículos, todo iso co fin de mellorar a seguridade e a xestión do tráfico.

n

 

n

Os principais beneficios son a mellor xestión das emerxencias e incidencias, a optimización do control das conxestións de tráfico e permitirá elaborar unha máis dinámica planificación de rutas. O proxecto contará con axudas públicas europeas de 13 millóns de euros, dado que foi seleccionado pola Comisión Europea dentro da convocatoria ‘Mobility of the Future’ sobre novas tecnoloxías para o transporte por estrada.

n

 

n

(Fonte: UPM)

n

 

n