O responsable de desenvolvemento de negocio da consultora de intelixencia competitiva HINTD, Alberto Rodríguez, presentará o cadro de aptitudes do xefe de vendas do século XXI nunha conferencia que terá lugar o 4 de outubro na sala de consellos de Tecnópole (edificio CEI).
n
n
nA sesión, que comezará ás 12 e terá unha duración dunha hora, centrarase na función do xefe de vendas na empresa no contexto actual. Ademais de claves para mellorar a dirección do equipo comercial, Rodríguez ofrecerá a súa fórmula para aliñar actividade e resultados, introducir ritmo na xestión e dirixir os procesos comerciais.
n
nAlberto Rodríguez é enxeñeiro de telecomunicación e máster en dirección de empresas, con experiencia en estratexia comercial tanto en grandes empresas como en pemes, especialmente en venda directa.
n
nInscrición gratuíta e aberta aquí.
n
n(Fonte: Tecnópole)