O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense en Tecnópole alcanza en febreiro a ocupación total

n

n

O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense en Tecnópole alcanzou en febreiro o cen por cento de ocupación con todos os seus niños -un total de 16- a pleno uso. O incremento da actividade neste centro deixouse sentir tamén nas solicitudes de espazo, con dous proxectos máis en lista de espera que aínda están pendentes do Comité de Valoración.

n

n

n

 

n

n

n

Dende a apertura das instalacións a finais de 2004, o Viveiro de Empresas 'Fernando Fontán' de Ourense recibiu preto de 40 peticións de espazo, das cales foron aprobados 31.

Cunha idade media de entre 30 e 40 anos, o centro acolle unha trintena de traballadores.

n

 

n

Os emprendedores que situaron o seu negocio neste centro dedícanse fundamentalmente á prestación de servizos ás empresas, tales como consultorías de comunicación, formación, eficiencia enerxética e enerxías renovables, deseño e organización industrial, telecomunicacións, informática ou innovación.



n

 

n

Os novos proxectos en lista de espera, unha vez aprobados, haberán de agardar a que finalice a estancia dunha das empresas xa instaladas, ben porque expira o prazo máximo de permanencia, que é de cinco anos, ou ben porque se trasladan a outra situación debido ao crecemento do negocio.

Dentro do viveiro, o emprendedor dispón dun niño ou sede física totalmente equipada con conexións telefónicas e Internet, salas para xuntas, formación ou actos e outros servizos comúns incluído aparcamento, o que facilita a súa actividade durante os primeiros anos.

n

 

n

(Fonte: La Región)

n

n

n

 

n