O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nun Café de Redacción de La Región. En relación a Tecnópole, referiuse á creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia. “A previsión é que a construción estea rematada a finais de 2025”, afirmou. Será unha institución que buscará “fortalecer e potenciar a ciberseguridade en todos os ámbitos”, e que, segundo enumerou, “apoiará a investigación e innovación en ciberseguridade, promoverá a xeración e retención de talento especializado, apoiará á industria galega da ciberseguridade e será un instrumento para facilitar respostas a incidentes de ciberseguridade”.
Conde sinalou ademais que “a Tecnópole está a traballar en diversos proxectos de cara a 2023”. Nesta liña, fixo referencia a diversas melloras como a modernización das telecomunicacións e en especial a creación dunha comunidade enerxética coa instalación de paneis solares. “Prevese que a iniciativa alcance unha capacidade de dous megawatts”, unha cantidade que abastecería “máis do 20%” do consumo das empresas residentes. “Actualmente hai 70 empresas participando”, detallou.
Fonte: La Región