O equipo Hyperloop UPV, formado por 30 mentes máis brillantes de nove enxeñerías -industrial, mecánica, aeronáutica, química, telecomunicacións, electrónica, deseño e informática- e en Económicas, participaron o ano pasado na competición global organizada polo multimillonario Elon Musk o magnate tecnolóxico estadounidense creador de SpaceX, a primeira compañía aeroespacial privada do planeta, e de Tesla Motors, empresa pioneira no sector de coches eléctricos.
O equipo valenciano gañou o primeiro premio fronte a 300 equipos das máis prestixiosas universidades como o MIT, Stanford ou Purdue, co rompedor sistema de levitación por imáns na parte superior do tren “que manteñen os vagóns flotando no interior dun tubo de aceiro sen tocar as paredes, o cal reduce un 30% os custos ao eliminar os raís e ofrecer un menor consumo de enerxía”, explicou Vicente Dolz, profesor e coordinador o proxecto.
Segundo asevera Manuel Martínez, membro do equipo Hyperloop UPV, o deseño é “factible”, e “podería competir coas empresas lowcost”, xa que un billete de Valencia a Barcelona a un particular custaríalle, segundo as estimacións realizadas pola UPV, “uns 18 euros e uns 30 euros a París”, debido ao pouco gasto de enerxía que se necesita.
Así mesmo, a idea é que o tren supersónico, cuxa capacidade é de 30 pasaxeiros, funcione como o tradicional metro. É dicir, que cada dez minutos saian das estacións de trens a calquera parte de España ou Europa, “de forma que non teñas que comprar o billete con antelación, senón que o collas no momento”, explicou Martínez.
Polo momento, o seu obxectivo é construír un prototipo completo para a seguinte competición en California, en verán 2017. Para o cal necesitan os máximos apoios posibles para facer realidade unha idea que podería supoñer en torno a un 30% de aforro en custos de infraestruturas, algo que, xunto coa eliminación de emisións (o concepto non necesita combustibles fósiles), o converterían na alternativa real aos actuais trens de alta velocidade e os avións.
(Fonte: EP)