O Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole celebra a súa terceira edición a finais deste mes

As pistas de tenis da zona polideportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia acollerán a finais deste mes de setembro a terceira edición do Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole, unha competición por parellas que poderá seguirse a través do Twitter e que recollerá as súas mellores imaxes na galería en Flickr.

n
n

 

n

O torneo de dobres disputarase entre os días 26 e 29 de setembro a partir das 18 horas, a un só set e a través de fases eliminatorias. O luns e o martes terán lugar os oitavos de final con partidos simultáneos en dúas pistas, o mércores os cuartos tamén con partidos paralelos e o xoves serán as semifinais e a gran final.

n

 

n

As inscricións están abertas ata o 19 de setembro e poden tramitarse escribindo isabel@tecnopole.es.

n

 

n

(Fonte: Tecnópole)

n