O téxtil acusa o descenso das exportación galegas

A caída das exportacións en Galicia en marzo deixa ao sector téxtil como “o máis afectado polo impacto da Covid-19”, segundo o Foro Económico de Galicia (FEG). Despois de que o comercio exterior caese en Galicia un 26,7% durante ese mes, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o Foro subliñou como o “shock do confinamento esnaquizou os resultados positivos do primeiro trimestre” na Comunidade, sobre todo no téxtil.

Segundo o Foro, existiu un “impacto directo e inmediato no sector da confección” e un “máis retardado en bens de consumo duradeiros como os da automoción”. Este atraso foi o que “favoreceu o balance trimestral global que, aínda así, é peor para Galicia” que para o conxunto de España. Durante os dous primeiros meses de 2020 as exportacións galegas creceron máis que a media española, pero a paralización da economía “afectou de forma máis grave ás exportacións galegas”.

Fonte: ABC