O teletraballo non veu para quedar

O teletraballo non veu para quedar, polo menos en España, xa que as cifras das persoas que traballan na casa é tres veces menor que en Irlanda, que é o país europeo no que está máis estendido. Segundo datos de Eurostat analizados por Funcas no último Focus on Spanish Society, Irlanda é o país europeo cunha porcentaxe máis alta de persoas que traballan “habitualmente” -alomenos a metade dos días traballados- desde a casa: un terzo dos ocupados de 20 a 64 anos (33%) facíao en 2021, unhas tres veces máis que en España (9,6%).

Cando se amplía a categoría a quenes traballan desde casa “ás veces” -menos da metade dos días traballados-, a porcentaxe en España elévase ao 15,5%, aínda moi por debaixo do país con maior proporción de persoas que levan a cabo o seu traballo retribuido no seu domicilio “ás veces” ou “habitualmente”: Países Baixos, cun 57,6%.

A pesar do considerable aumento que en 2020 experimentou o traballo a distancia en España, en 2021 apenas medrou, quedando lonxe da media da Unión Europea, concretamente nove puntos por debaixo (15,5%, e 24,4%, respectivamente).

Á hora de valorar que é máis económico para o traballador, se ir fisicamente ao seu lugar de traballo a facelo desde casa, a OCU realizou un estudo no que chegou á conclusión de que o teletraballo era máis económico, tendo en conta que os gastos de transporte son máis caros que o que supón conectarse na casa.

Fonte: Cinco Días