Medio centenar de responsables de administracións locais, universidades, centros de coñecemento, clústeres, fondos de investimento, fundacións, o CSIC e empresas déronse cita hai uns días en Santiago de Compostela para avanzar na elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
n
n
nDurante a reunión de traballo, Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación, anunciou que a entidade se fixou como obxectivos para o período 2014-2020 que os investigadores galegos teñan unha forma clara e eficaz para chegar ao mercado, que as pemes innoven de modo eficiente e que o capital privado alcance un nivel de compromiso de investimento en I+D+i.
n
nManuel Varela explicou que a primeira prioridade de financiamento é o soporte ao talento, fundamentalmente mediante o apoio a investigadores que orienten o seu traballo ás demandas do mercado. Deste modo, a transferencia de resultados de investigación terá unha especial atención, e dende a administración porase en marcha unha estratexia que permita ofrecer solucións prácticas a problemas relacionados coa explotación comercial destes resultados, simplificando os trámites burocráticos.
n
nA mobilización do capital privado é a segunda prioridade para a Axencia, co fin de que o compromiso de investimento das empresas de I+D+i dea un salto cualitativo, á marxe dos apoios económicos públicos. Ademais, a Xunta traballará na innovación eficiente das pemes mediante un soporte específico para implantar unha xestión profesional, experta e de dinámicas asociadas á innovación aberta.
n
nEste encontro de traballo representa un paso máis para a elaboración final da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia, tras a presentación, o pasado mes, de propostas conxuntas, por parte de máis de 200 axentes representativos do Sistema de Innovación, sobre os retos temáticos a establecer. Entre estes destacan converter a Comunidade nun provedor da industria aeronáutica; desenvolver tecnoloxías, servizos e loxística da biomasa; aproveitar os residuos e subprodutos do sector agroforestal e a súa industria transformadora; crear novos materiais e aplicar tecnoloxías facilitadoras, como a nanotecnoloxía, ás principais industrias tractoras galegas (téxtil, naval, eólica, agroalimentación, automoción, etc.); potenciar a comercialización do turismo cultural, aplicar as TIC para favorecer o envellecemento activo; e innovar en nutrición.
n
n(Fonte: Innovamás)